Combinar virus de plantas con nanopartículas para revolucionar a medicina

Un equipo do Cinbio e da Universidade de California crea sistemas híbridos para progresar no achado de novos tratamentos personalizados

Un proxecto colaborativo entre o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (Cinbio) da Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade de California, en San Diego, pode ter aplicacións na medicina personalizada nun futuro próximo.

“A investigadora Nicole Steinmetz proporciónanos unhas estruturas proteicas, que son virus mosaico da planta do tabaco, e nós, desde aquí, incluímolas nunhas estruturas híbridas que tamén son magnéticas”, explica Verónica Salgueiriño, líder do grupo de Nanomateriais Híbridos do Cinbio. “A idea é ter uns sistemas que sexamos capaces de guiar magneticamente para, a continuación, liberar as biomoléculas, fármacos ou xenes que estean nas cápsulas proteicas dos virus”, engade.

Publicidade

As achegas do Cinbio

Malia que son virus os que se utilizan para esta investigación, son patóxenos de plantas e, polo tanto, non son activos e non poden enfermar os humanos. Mais o que si demostra esta investigación é que o ARN destes virus se pode liberar con control espazo-temporal nunha zona moi particular dunha célula. Isto pode ter grandes aplicacións na medicina personalizada.

“Imaxinemos que eu fun capaz de incluír aquí unha serie xenética que ti queres que unha célula incorpore. Nós, con estes sistemas híbridos, podemos transportala, protexela coas cápsulas proteicas destes virus de plantas e, cando se considere que alcanzaron o núcleo da célula, liberalas para que se mimeticen con ela”, sinala Salgueiriño.

Publicidade

Esta investigación pode ser clave para a medicina personalizada. As enfermidades teñen casuísticas distintas dependendo da persoa que as sufra e isto permitiría un tratamento personalizado e exclusivo para cada paciente.

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

Do CINBIO a Sudáfrica para estudar a recombinación da covid: historia dunha viaxe

O grupo CME da UVigo leva anos estudando a evolución dos virus a través da bioinformática e centra parte dos seus estudos na monitorización do SARS-CoV-2

María Mayán capta 100.000 euros para impulsar unha nova inmunoterapia contra o cancro de mama

A investigadora do Cinbio recibe unha Bolsa FERO para desenvolver un proxecto sobre as terapias celulares CAR-NK, moi prometedoras en medicina personalizada

Un científico galego revela que os virus máis agresivos actúan como ‘aceleradores’ do envellecemento

O equipo no que traballa Rubén González no Instituto Pasteur de París realizou un experimento en moscas da froita e demostrou que a idade biolóxica dos insectos permaneceu elevada pese á eliminación do patóxeno