Un novo sismo en Verea, de magnitude 2,4

O municipio de Verea, no suroeste de Ourense, rexistrou na mañá deste luns, ás 7.27 horas, un movemento sísmico de magnitude 2,4 segundo informou o Instituto Geográfico Nacional. Verea é unha zona relativamente activa pola presenza de fallas. O epicentro situouse ao sur de Carballo, a capital municipal de Verea.

O terremoto súmase así aos movementos dos últimos días, con algúns tremores que chegaron a ser percibidos pola poboación na contorna de Triacastela, Sarria e Becerreá, o coñecido triángulo sísmico de Lugo. Foron cinco movementos en pouco máis de 12 horas, desde as 11.30 da mañá do sábado ata a medianoite, con magnitudes de 2,5, 2,2, 3,0 (o maior, ás 23.38 da noite), 2,9 e 1,9.

Publicidade

Tamén houbo outro movemento en Santiago de Compostela, de magnitude 2,2, na madrugada do venres ao sábado.

Varios terremotos sacoden Galicia en poucas horas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Aínda non sabes onde ver a eclipse en Galicia? Estas son as cinco mellores aplicacións para descubrilo

A previsión meteorolóxica, a orografía e a posición do Sol son algúns dos factores que permiten consultar para escoller o punto de observación