Sábado 20 Abril 2024

Así acabou a loita entre unha cobra e un pitón

A natureza ofrece moitos exemplos de loita a vida ou morte. Moitos deles non quedan rexistrados, pero ás veces podemos ser testemuñas deles. Pasou hai uns meses en Galicia, grazas á Cemma, que retratou como un arroaz boto (Grampus griseus) morreu afogado cos raxos dun polbo ao que comezara a devorar.

O arroaz boto que morreu afogado cos raxos dun polbo

National Geographic dá conta dunha loita que, pola súa impactante fotografía, tivo que ser feroz. Na imaxe aparecen unha cobra real (Ophiophagus hannah) e un pitón reticulado (Malayopython reticulatus) unha das de maior lonxitude que se coñecen. E ambas morreron. O pitón estaba atrapada nas fauces da cobra, que é velenosa, mentres que a propia cobra morrera esmagada pola forza do corpo da serpe xigante.

Publicidade

A imaxe leva tempo circulando polas redes, e crese que está tomada no sureste asiático, hábitat das dúas especies.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas