Varios terremotos sacoden Galicia en poucas horas

O Corgo rexistrou un sismo de magnitude 3,1; tamen tremeu en Triacastela, Becerreá, Baralla e Santiago

O municipio do Corgo rexistrou este sábado un terremoto de magnitude 3,1 con hipocentro situado a 10 kilómetros de profundidade.

O sismo foi rexistrado ás 23.38 horas, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional.

Publicidade

Paralelamente foron rexistrados outros catro sismos na mesma área, en Triacastela, na mesma área de Lugo onde se sitúa o triángulo sísmico que ten sacudido Galicia en varias ocasións, e tamén en Baralla e Becerreá. Houbo outro movemento tamén na contorna de Santiago.

Non hai novas de ningún dano material aínda que o terremoto tivo que ser sentido pola poboación debido á súa magnitude.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Alerta sísmica no teu móbil: así funciona o sistema de Google que avisa dos terremotos en segundos

Os teléfonos Android contan cun servizo de avisos por tremores tectónicos que se lanzou nos primeiros segundos dende o comezo do fenómeno que golpeou Venezuela

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

As ondas sísmicas do terremoto de Venezuela deron tres voltas e media á Terra

Os fenómenos, de magnitude 7,2 e 7,5, afectaron este 24 de xuño en forma de dobrete sísmico, cunha explicación xeolóxica coñecida