Un anticiclón subtropical afecta Galicia con máximas de 36 graos e con calor prevista ata inicios de xullo

MeteoGalicia advirte dun forte ascenso térmico en toda a comunidade e da posible aparición de tormentas no interior

Un potente anticiclón subtropical está a provocar un persistente episodio de cúpula de calor que, segundo as predicións semanais de anomalías térmicas do European Centre for Medium-Range Weather Forecasts (ECMWF), podería prolongarse ata comezos de xullo. As previsións apuntan a que, durante boa parte da semana, Galicia poderá acadar máximas de ata 36 graos e mínimas que non baixarán dos 10 graos, unhas temperaturas moi elevadas para o mes de maio.

Este escenario podería converter maio de 2026 nun episodio histórico: en moitos países, entre eles España, podería ser a primeira vez que se rexistre unha onda de calor neste mes.

Publicidade

Con todo, a semana comeza cun contexto de inestabilidade, xa que aínda poden formarse tormentas localmente fortes na comunidade. Hai aviso amarelo activado no centro e na montaña de Lugo cara ao final da tarde. Nas últimas 24 horas, Galicia rexistrou 2.343 raios, con especial incidencia na metade norte do territorio. A actividade tormentosa diminuirá de cara ao martes, aínda que o mércores e o xoves poderían reaparecer debido ao aumento exponencial das temperaturas.

As altas presións impiden a renovación do aire en superficie, que se quenta intensamente sobre as áreas continentais debido a dous factores principais: a forte insolación diurna propia desta época do ano e a subsidencia —o descenso de aire— asociada á dorsal anticiclónica, segundo explican desde o portal meteorolóxico Meteored.

Publicidade

36 graos de máxima en Ourense

Ourense será a gran cidade galega que rexistrará as temperaturas máis elevadas, segundo as previsións de MeteoGalicia. O mércores 27, o termómetro poderá alcanzar os 36 graos de máxima, mentres que as mínimas se situarán arredor dos 14 graos. Lugo tamén superará a barreira dos 30ºC, ao igual que Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela. Pola contra, as cidades costeiras de Vigo e A Coruña presentarán valores máis moderados, con máximas previstas de 29 e 27 graos, respectivamente.

A maior oscilación térmica darase en Lugo, onde a diferenza entre a temperatura máxima e a mínima durante o mércores será de ata 19 graos. En calquera caso, as temperaturas nocturnas tamén serán elevadas en boa parte da comunidade: Pontevedra terá unha mínima de 16 graos, Vigo de 17 e Santiago de Compostela de 19ºC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro