Unha dorsal africana rompe os termómetros e as temperaturas acadarán os 30 graos en Galicia

O ascenso dos graos impulsará valores estivais no interior e nas Rías Baixas, con ambientes máis calorosos durante as horas centrais do día

A semana en Galicia comeza con inestabilidade atmosférica, pero as temperaturas irán en aumento cara a mediados de semana. Unha pequena fronte, que achegará nubes ao norte peninsular e deixará chuvias na comunidade, dará paso a un ascenso térmico que levará os termómetros ata os 30ºC en cidades como Ourense. As altas presións favorecerán un ambiente máis caloroso durante as horas centrais do día e tamén noites menos frías. Segundo informa Meteored, o mércores producirase un salto térmico, con ata cinco graos máis en Vigo e oito máis en Lugo. A causa será a chegada dunha dorsal de aire cálido sobre a Península, que se manterá ata o venres.

Os datos da previsión de MeteoGalicia indican que Ourense pasará dos 23ºC previstos para o martes aos 30ºC do xoves. Lugo quedará moi preto, cunha subida de oito graos en apenas 48 horas, ao pasar dos 21 aos 29ºC. Pola súa banda, Santiago de Compostela arrancará con 19 graos, subirá ata os 25ºC e alcanzará os 27ºC o xoves. Pontevedra e Vigo manterán rexistros semellantes: comezarán a semana con 20ºC e chegarán aos 26 e 25 graos, respectivamente, o xoves.

Publicidade

As variacións máis moderadas daranse nas cidades do norte da comunidade. A Coruña experimentará unha subida de dous graos, pasando dos 21 aos 23ºC, segundo o servizo meteorolóxico galego. En Ferrol, pola contra, agárdase unha maior oscilación térmica: comezará o martes con 20 graos, ascenderá ata os 25ºC o mércores e volverá baixar ata os 23ºC o xoves. Con todo, A partir do sábado entrará unha masa de aire máis fría polo noroeste, desplomando as máximas en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos