Un tren de borrascas trae máis chuvia e frío a Galicia esta semana

O mércores poderán acadarse os 40 litros en 12 horas. As temperaturas experimentan un descenso e os ventos non soprarán tan fortes como con Domingos

A borrasca Domingos deixou esta fin de semana máis de 1.000 incidencias, con ríos desbordados e estradas cortadas. Para esta semana a previsión segue sendo de chuvia, pero non será tan intensa como a dos días pasados. Un tren de borrascas manterá a Galicia nunha situación de inestabilidade atmosférica, con todo, non se agardan fortes ventos como con Domingos ou Ciarán. Os chuvascos, ao longo de toda a semana, serán interrompidos polo paso de frontes. O día con máis precipitación será o mércores, podendo acadar os 40 litros en 12 horas no oeste e suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra.

A meteoroloxía esta semana dá continuidade ás chuvias que manteñen a Galicia con paraugas dende mediados de outubro. A baixada das temperaturas xa se notou este luns. As mínimas chegaron a 4 graos en Lugo e a 6 en Santiago. Dende MeteoGalicia apuntan que na noite do luns ao martes haberá precipitacións en toda a comunidade e que o martes será unha xornada de chuvascos. O mércores entra unha fronte cálida e despois unha fronte fría asociada. No portal eltiempo.es explican que serán polo menos 3 frontes as que cruzarán a península dende Galicia rumbo ao Mediterráneo. As acumulacións durante os próximos cincos días poderán superar os 100 litros.

Publicidade

Agárdase que no extremo noroeste peninsular continúen a inestabilidade cos ceos nubosos e precipitacións durante todo a semana, apunta a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Serán más intensas e frecuentes en áreas do litoral, puidendo ser localmente persistentes. Aínda así, MeteoGalicia apunta que ao longo da semana haberá días con “moi pouca precipitación”, sobre todo o martes na metade leste. Polo momento, non se ve a fin da chuvia en Galicia. Aemet anunciou que durante a primeira metade da vindeira semana as altas presións dominarán o panorama meteorolóxico e as chuvias quedarán acotadas ao noroeste peninsular.

Verán de San Martín?

De feito, esta fin de semana agárdase unha subida notable das temperaturas na península que anuncia o Verán de San Martín, un período de corta duración no que os termómetros se sitúan por enriba dos seus valores normais para a época do año. Uns días cálidos que preceden o frío invernal. Aínda que é difícil ser exactos sobre o tempo desta fin de semana, case pode asegurarse que Galicia estará baixo os efectos dunha fronte e que os galegos non se poderán quitar o chuvasqueiro.

Publicidade

O caudal do río Umia, en Caldas de Reis (Pontevedra), que terminou por desbordar.

O río Umia, desbordado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense