Estas son as zonas de Galicia máis afectadas pola borrasca Domingos

O sábado será o día de maior inestabilidade, con intensas precipitacións e fortes ventos que poderán superar os 100 km/h

Esta fin de semana Galicia estará baixo os efectos de Domingos, unha profunda borrasca cun impacto similar á borrasca Ciarán, que todavía descargará intensas precipitacións durante o día e a noite do venres. Xa na xornada do sábado entra esta nova borrasca por Galicia e volverá afectar de cheo a toda a península. Unha fronte fría asociada a Domingos cruzará toda España. As precipitacións serán xeneralizadas en Galicia pero os protagonistas serán os refachos de vento, que superarán os 100 km/h, especialmente na provincia da Coruña e na Mariña Lucense. O sábado será o día de máis vento e chuvia. As ondas no mar poderán superar os oito metros, o que mantén activada a alerta vermella por temporal marítimo en toda a costa galega.

De cara a noite do venres, baixo a influencia de Ciarán, as precipitacións serán intensas e persistentes, cunha situación moi complicada no mar con ondas superiores aos sete metros. A mañá do sábado, apunta MeteoGalicia, o vento soprará moi forte de compoñente oeste, con refachos de vento de máis de 80 km/h en terra e máis de 90-100 km/h no litoral norte e zonas altas. Dende MeteoGalia informan que as zonas máis afectadas por Domingos serán o oeste e noroeste da Coruña e a Mariña de Lugo. Tamén rexistran alerta laranxa algunhas zonas do interior, litoral e Miño de Pontevedra, que poderán acumular máis de 80 l/m² en 12 horas; en Ourense os avisos están activos no sur e na Montaña de Ourense por chuvia e vento.

Publicidade

As temperaturas non experimentarán grandes cambios. Na Coruña, Ourense e Ferrol os termómetros marcarán máximas de 17 graos; Vigo poderá chegar aos 18 e Pontevedra aos 19; Lugo e Santiago de Compostela son as cidades con máis frío. Xa de cara ao domingo, descenden lixeiramente as temperaturas.

Vai nevar esta fin de semana en Galicia?

De momento, dende MeteoGalicia informan que non se agardan nevadas esta fin de semana, mais si é posible que caia algunha folerpa. Nos últimos días rexistráronse as primeiras neves do outono, como en Cabeza de Manzaneda, cuxa estación amaneceu o 30 de outubro cuberta de neve. “Tivemos algo de neve pero a partir do sábado a cota dispárase”, explican. O organismo insiste en que sen dúbida, o fenómeno máis importante da primeira fin de semana de novembro serán os ventos. A AEMET apuntou que é “bastante probable” que durante o domingo a nova fronte se afaste polo mar do Norte.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

A Xunta activa a alerta vermella por calor extrema no interior de Pontevedra

As temperaturas superarán os 35 graos en 16 concellos pontevedreses durante a xornada pola chegada dunha masa de aire africano

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño