Unha tese demostra as diferenzas entre as vacas de leite en produción ecolóxica ou convencional

A veterinaria Inmaculada Orjales Galdo presentou a pasada semana no Campus Terra da USC a súa tese de doutoramento, na que aborda o estado sanitario e nutricional do gando vacún de leite en produción ecolóxica do Norte de España  e constata importantes diferenzas respecto do gando das explotacións cun sistema de produción convencional.

A tese encádrase dentro dun ambicioso proxecto de investigación do plan nacional respecto da situación da gandaría ecolóxica de vacún de leite no norte de España, un programa dirixido e liderado pola USC, en colaboración con diferentes centros de investigación e universidades nacionais e internacionais.

Publicidade

A investigación responde á crecente importancia do sector leiteiro ecolóxico en Galicia

O interese da investigación de doutoramento -con mención internacional – desenvolvida por Orjales Galdo responde, cando menos en parte, á evolución que está a experimentar o sector leiteiro ecolóxico en Galicia, a comunidade autónoma española e unha das rexións europeas con maior produción leiteira, e á crecente demanda de información solicitada por un sector en alza nas rexións da cornixa cantábrica para seguir avanzando. A esta situación engádense as singularidades da normativa ecolóxica europea, que esixe unha serie de puntos que difiren de forma substancial do manexo do gando leiteiro convencional, razón pola que a información coñecida ata o de agora non sempre resulta aplicable.

A restrición no uso de tratamentos no caso dos animais en produción ecolóxica, así como os cambios relacionados cos aspectos nutricionais, fan que o estado sanitario e nutricional sexan os principais puntos críticos polos que os gandeiros están preocupados. Ante esta realidade, coñecer o estado actual do sector leiteiro ecolóxico de España antóllase como punto de partida para avanzar na súa mellora. Ademais, o proxecto no marco do que se desenvolveu esta investigación, contempla tamén o intercambio de información cos gandeiros de produción de leite en ecolóxico para darlles a coñecer o estado actual de cada granxa, ademais de ofrecer solucións ós problemas atopados.

Publicidade

A tese divídese en seis capítulos, que deron pé a outras tantas publicacións en revistas científicas de impacto, e nos que se abordan diferentes aspectos do estado sanitario e nutricional do vacún leiteiro en produción ecolóxica, tales como o son a política de tratamentos da granxa, o estado de saúde da ubre e o manexo das infeccións, o estado parasitario, o estado nutricional e o perfil mineral. Ademais a tese compendia un exemplo dos informes técnicos realizados para os gandeiros participantes no proxecto.

O traballo estivo dirixido polas profesoras do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias da USC Marta I. Miranda Castañón e Marta López-Alonso, e foi o resultado  dunha investigación que se prolongou varios anos, un período durante o que esta veterinaria, que completou unha estadía na Aarhus University de Dinamarca, gozou primeiro dun contrato predoutoral da Xunta de Galicia, e logo dunha bolsa FPU do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O tribunal encargado de avaliar a tese presentada por Inmaculada Orjales Galdo estivo formado por tres expertos no ámbito da produción de vacún de leite e da gandería  ecolóxica. O profesor do Instituto Politécnico de Viana do Castelo Joaquim Orlando Lima Cerqueira foi o presidente do tribunal, no que Teresa Moreno López, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), actuou como vogal, mentres que o profesor do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias da USC Luis E. Fidalgo Álvarez  desenvolveu as funcións de secretario. Os membros do tribunal acordaron por unanimidade outorgar a máxima cualificación de sobresaínte cum laude á tese Orjales Galdo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Robots agricultores e gandeiros armados de intelixencia artificial: así son as granxas do futuro

A tecnoloxía avanzada transforma a produción agropecuaria e mellora a xestión dos recursos para aumentar a eficiencia e sostibilidade

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Por que as hortensias son tóxicas? O caso das cabras que morreron en Baiona

Unha decena de animais dun gandeiro perden a vida tras inxerir restos de poda que contiñan unha planta tóxica capaz de producir cianuro