Terremoto de magnitude 3,4 no mar fronte a Galicia

O sismo foi detectado ás 10.11 horas da mañá fronte á ría de Vigo polo Instituto Xeográfico Nacional

Un terremoto de magnitude 3,4 foi rexistrado ás 10.11 horas desta mañá nun punto situado no Atlántico a poucas millas da costa de Galicia. O sismo foi detectado polo Instituto Xeográfico Nacional no límite da plataforma continental galega fronte á ría de Vigo.

Localización do terremoto fronte á ría de Vigo.

Este terremoto é o de maior magnitude dos rexistrados en Galicia ao longo do verán, no que a noticia foi o fenómeno dun enxame sísmico de pequena magnitude que sumou ducias de sismos na provincia de Ourense. O máis intenso foi o localizado en Celanova cunha magnitude de 3,4 e o seu epicentro en Celanova. Nos últimos tres días, dende o pasado domingo 1 de setembro, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou cinco sismos na mesma zona.

Publicidade

A actividade sísmica no sur da provincia de Ourense é practicamente diaria dende o comezo do mes de xullo. Aínda que se trata de pequenos sismos que resultan imperceptibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía