As imaxes dun avión no ollo do furacán Dorian

Os meteorólogos da Forza Aérea dos Estados Unidos adéntranse no colosal ciclón para tomar datos no estadio onde corusca o sol e remata o vento

Ventos de 297 quilómetros por hora, choivas torrenciais e lóstregos. E, de súpeto, unha calma case absoluta, ceo despexado e o sol coruscando no alto. Así é unha viaxe ata o ollo dun furacán como a que fixeron os pilotos da Forza Aérea dos Estados Unidos co Dorian, que avanza pola costa americana tras arrasar o arquipélago das Bahamas.

Dorian é unha das tormentas máis poderosas xamais vistas no Atlántico. De feito é a segunda da historia en velocidade do vento, só superada polo furacán Allan de 1980, que alcanzou refachos de 305 km/h.

Publicidade

Pero é posible adentrarse nun monstro colosal como Dorian. Ese é o traballo dos coñecidos como cazadores de furacáns, que están a voar en misións de recoñecemento regulares a Dorian, que o domingo alcanzou a categoría 5.

Garrett Black, un meteorólogo do 53 ° Escuadrón de Recoñecemento Meteorolóxico, atravesou o ollo o domingo. O vídeo do Centro Nacional de Furacáns mostra un avión abríndose paso a través das nubes. E, cando chegaron ao ollo, contemplaron o coñecido como o “efecto estadio“, un signo dunha tormenta particularmente poderosa.

Publicidade

Curiosamente, o ollo do furacán é a parte máis tranquila destes fenómenos. De feito, brilla o sol e todo aparece luminoso e despexado, razón pola que supón un perigo cando hai alerta. Os veciños adoitan saír das súas casas para comprobar os danos, ao pensar que o furacán xa pasou. Pero a realidade é que están baixo o ollo, e aínda queda a outra metade do ciclón por pasar.

O ollo do furacán sempre é a zona con presión atmosférica máis baixa. E, como curiosidade, é moi diferente en terra e no mar, porque no océano provoca ondas en todas direccións moi perigosas e xigantescas, que teñen superado os 40 metros de altura.

O furacán Dorian agora diríxese cara a Florida, Xeorxia e as Carolinas. Espérase que cause tormentas que ameacen a vida e ventos devastadores nos Estados Unidos. A partir deste martes. Florida, Xeorxia e Carolina do Sur declararon estados de emerxencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga

Que tempo fará o día da eclipse? Así apuntan as primeiras previsións para o 12 de agosto en Galicia

Os modelos apuntan a ceos maioritariamente despexados, aínda que nubosidade segue a ser a grande incógnita, cunha fiabilidade aínda limitada

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas