A Universidade da Coruña acolle a apertura do curso académico en España

O ministro en funcións, Pedro Duque, participará nos actos co discurso inaugural a cargo da catedrática Amparo Alonso Betanzos

A Universidade da Coruña acollerá a apertura do curso académico das universidades españolas o vindeiro día 30 de setembro, nun acto que contará coa presenza do Ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, recibirán na Reitoría ao presidente de CRUE Universidades Españolas, José Carlos Gómez Villamandos, así como ao resto de reitores das universidades españolas, aos académicos e autoridades civís e militares. A lección inaugural correrá a cargo da catedrática Amparo Alonso Betanzos. Investigadora en intelixencia artificial, Alonso Betanzos é coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial.

Publicidade

Curso Universitario Galego

As universidades galegas celebrarán o vindeiro 6 de setembro, ás 12:00 horas, o acto de apertura conxunta do curso universitario galego que terá lugar no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. O discurso de apertura correrá a cargo do profesor Rafael Cela Torrijos, catedrático de Química Analítica, sobre o tema “A década que cambiou a química analítica”. As clases na Universidade da Coruña comezarán o día 9 de setembro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía