Que tempo irá no Nadal? Os modelos apuntan un descenso drástico das temperaturas

Unha masa de aire seca procedente do continente europeo limitará as precipitacións en Galicia, malia o descenso xeneralizado dos termómetros, que poderán acadar valores negativos

A conta atrás para Nadal xa está en marcha e, como cada ano, repítese a mesma pregunta: Que tempo fará? As previsións meteorolóxicas aínda se expresan en forma de tendencias, pero segundo MeteoGalicia os distintos escenarios van gañando consenso. Todo apunta a que, a partir da vindeira semana, as temperaturas serán máis frías do habitual para esta época do ano. No interior de Galicia poderían rexistrarse mínimas de ata -5°C, mentres que as máximas dificilmente superarán os 10°C.

Este Nadal especialmente frío explícase pola presenza dun anticiclón situado sobre Escandinavia e as Illas Británicas, que favorecerá situacións de bloqueo en latitudes altas. Este patrón atmosférico permitirá a entrada de aire frío cara ao sur, afectando a Francia, ao Mediterráneo e ao conxunto da península ibérica, incluída Galicia. Esta información adiantou a previsión semanal do Centro Europeo de Prediccións Meteorolóxicas a Medio Prazo (Ecmwf).

Publicidade

Con todo, aínda que o frio podería facer pensar na neve, dende MeteoGalicia advirten que a súa aparición será máis complicada no noso territorio. As masas de aire continental caracterízanse por seren moi secas, e así chegarían tamén a Galicia. A posibilidade de precipitacións dependería da formación dunha zona de baixas presións que achegase humidade, especialmente á fachada oeste galega e ao norte de Portugal.

Esta situación marcará a tendencia para o que resta de ano, aínda que poderán producirse variacións puntuais segundo factores como a presenza de ceos despexados ou néboas persistentes, que incluso poderían intensificar aínda máis o frío. A esperanza de neve dependerá, unha vez máis, da chegada dun tempo máis inestable, que de producirse podería deixar nevadas a cotas baixas. Un Nadal frío, pero dificilmente branco.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual