Que é a crista atlántica e como afectará Galicia nos primeiros días de 2026

Unha borrasca chegará na primeira fin de semana do ano e traerá aire morno e chuvias intermitentes

As altas presións situadas no noroeste das illas británicas son as responsables do tempo seco e frío que está a vivir Galicia nos últimos días de 2025. O prognóstico de distintos servizos de meteoroloxía apunta unhaNoitevella marcada polas baixas temperaturas, as xeadas e as néboas persistentes. Non obstante, o escenario podería cambiar nas primeiras xornadas de 2026. Entre o venres 2 e o sábado 3 prevese a chegada dunha borrasca a Galicia, que traería aire morno e chuvias intermitentes. A partir do domingo a situación podería evolucionar a crista atlántica ou “Atlantic Ridge”, unha configuración atmosférica que favorecería a chegada de baixas presións e aire frío.

Recta final de 2025

Segundo Meteogalicia, dende o luns 29 ata o mércores 31 a situación meteorolóxica estará marcada pola influencia das altas presións, a estabilidade atmosférica, as néboas en zonas de interior e temperaturas que roldarán os 13 graos de máxima e os 5 de mínima, con cambios significativos entre as cidades galegas. O tempo comezará a cambiar en Aninovo, cando xa se prevén ceos moi nubrados, aínda que con ausencia de chuvias en Galicia.

Publicidade

Prognóstico a partir do Aninovo

Será a partir do venres 2 de xaneiro cando se produzan os grandes cambios. Meteogalicia prevé a chegada de frontes atlánticos asociados a unha borrasca situada ao oeste da península. O prognóstico de precipitación apunta a probabilidades de ata o 50% ata o domingo 4. As temperaturas serán máis suaves pola entrada dunha masa de aire morno, que subirá lixeiramente os termómetros en comparación coas xornadas anteriores. De cara á noite e ao día de Reis, o prognóstico está marcado por unha grande incerteza.

O portal Meteored baralla unha situación de crista atlántica ou “Atlantic Ridge” a partir do domingo 4 de xaneiro. É dicir, unha configuración atmosférica que favorecería a entrada de borrascas en Galicia e novas masas de aire frío. Non obstante, aclaran que podería ser un escenario moi complexo, co ascenso das altas presións cara a Islandia e Groenlandia, polo que habería que esperar aos primeiros días do ano para afinar o prognóstico. Dende Meteogalicia prevese que o 5 de xaneiro sexa un día seco, mais cunha baixada brusca das temperaturas.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual