Unha profunda borrasca deixará chuvias e desplome térmico en Galicia na ponte do Pilar

O venres chegará unha fronte que provocará precipitacións, máis abundantes na vertente atlántica, e temperaturas que roldarán os 20 graos

Os termómetros levan varios días superando os 30 graos en Galicia; unha situación anómala para outubro. De feito, batéronse récords de temperatura en cuestión de días en boa parte do país. Con todo, este tempo propio do verán e non do outono ten os días contados. Malia que este xoves 12 de outubro, cando comeza a ponte do PIlar, seguirán a estabilidade e as temperaturas agradables, a partir do venres producirase un cambio radical de tempo en Galicia. Unha profunda borrasca situada ao noroeste da península ibérica provocará a chegada dunha fronte que deixará chuvias e producirá un desplome das temperaturas. De feito, as máximas para o sábado 13 e o domingo 14 roldarán os 20 graos, cuns valores máis axustados a esta época do ano.

O venres tocará sacar o paraugas en Galicia e despedir a calor que nos acompañou durante a primeira semana de outubro. Os modelos apuntan que esta situación de inestabilidade que comezará o venres se intensificará o domingo e se prolongue a vindeira semana. Está previso que cheguen varias frontes no último día da ponte do Pilar e que deixen chuvias abundantes, sobre todo na vertente atlántica. “O domingo pola mañá, co centro da borrasca situado ao oeste de Galicia, espéranse chuvias en gran parte do cadrante noroeste peninsular. Poderían ser intensas na Coruña e Pontevedra“, apunta a meteoróloga Marta Almarcha nun artigo publico en Eltiempo.es. A experta tamén sinala o sábado e o domingo como os días nos que se comezará a experimentar con máis intensidade o desplome térmico. No norte de Galicia, por exemplo, as máximas caerán ata os 18 graos.

Publicidade

A partir do domingo pode chegar un río atmosférico que deixe chuvias intensas e xeneralizadas durante varios días

O meteorólogo Samuel Biener, nunha información publicada en Meteored, vai un paso máis alá e advirte da posible chegada dun río atmosférico a partir do domingo. Segundo explica o experto, este fenómeno e unha “franxa longa, estreita e transitoria” na que se produce un transporte horizontal de vapor de auga. Isto adoita traducirse en chuvias intensas e xeneralizadas durante varios días. E aínda que na nosa latitude é máis habitual que os ríos atmosféricos nos afecten a finais do outono e a principios da primavera, dende Meteored xa barallan a chegada deste fenómeno a finais desta semana. “De cumprirse este escenario, as precipitacións serían abundantes e xerais na vertente atlántica, que quedaría baixo a influencia dunha autopista húmida, e poderían rexistrarse acumulados importantes na metade occidental de Galicia”, apunta Biener.

O drástico cambio de tempo que se experimentará en Galicia de cara aos vindeiros días parece vir para quedar. Dende Meteored cren que a segunda quincena de outubro será inestable, dado que o anticiclón estará situado en Escandinavia. Isto provocará que novas borrascas se aproximen á península, entrando por Galicia. De momento, esta predición colle forza pero tamén está rodeada da incerteza propia dos prognósticos meteorolóxicos. Aínda quedan dous días para aproveitar os últimos retallos dun verán tardío para, finalmente, darlle a benvida ao outono con chuvias e baixada de temperaturas. Parece que Galicia ten que sacar os paraugas…. E as botas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe