A primeira onda de calor do verán deixará temperaturas por riba dos 30 graos en Galicia

A influencia anticiclónica subirá as máximas ata o domingo, que baixarán lixeiramente pero perdurará a estabilidade atmosférica

Galicia empeza o verán con altas temperaturas. A chegada dunha masa de aire cálido africano disparará os termómetros por riba dos 30 graos dende o xoves ata o domingo. Durante varios días, o país estará baixo a influencia anticiclónica, con néboas no interior e con alternancia de nubes e claros. Meteogalicia indica a posibilidade dalgún orballo no extremo norte e alerta de que o sábado será o día de máis calor. En conxunto, as condicións metereolóxicas que se produciron ao longo desta semana son moi dispares entre si: Galicia empezou o luns con chubascos intensos e rematará coa que se pode consolidar como a primeira onda de calor do ano.

As temperaturas ascenderán ata finais de semana. As previsións en Galicia apuntan a que o sábado poderían superarse os 34 ou 36 graos en zonas de Val do Miño. Durante esta xornada continuarán as altas presións cara o norte da Península, cos ceos practicamente despexados, aínda que no extremo noroeste agárdanse néboas matinais. O domingo as temperaturas experimentarán un leve descenso pero as mínimas continuarán sen cambios. Segundo a previsión de Meteogalicia, este venres, o día de San Xoán, catro das sete grandes cidades acadarán os 30 graos de temperatura. Os termómetros marcarán as temperaturas máis altas na cidade das Burgas, en Ourense. O sábado, os 30 graos superaranse en seis das sete cidades, sendo só A Coruña a que rexistre 27 graos de máxima.

Publicidade

Previsiblemente, a estabilidade atmosférica estenderase ata a próxima semana. Oficialmente chegou o verán despois de varias semanas de baixas presións, e os expertos alertan de que hai que tomar medidas de protección ante o Sol. O tempo cálido e seco será a tónica en toda Península Ibérica. No suroeste peninsular os termómetros poderán marcar os 40 graos e haberá tamén calima. A partir de mediados da semana que vén podería chegar un descenso xeneralizado das temperaturas, uns valores que serían habituais para finais de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior