Cambio radical no tempo en Galicia: Estamos ante a primeira onda de calor do verán?

Unha masa de aire africano provocará un episodio intenso de altas temperaturas ao longo de toda a fin de semana

Galicia despídese da primavera cun tempo de inestabilidade atmosférica en todo o país. A tónica habitual nestes últimos días será de precipitacións e tormentas con temperaturas normais para a época do ano. Unha vaguada en altura deixará os ceos cubertos ata o xoves, cando Galicia recuperará a influencia anticiclónica para dar paso a un tempo seco e soleado. A entrada de aire cálido africano coincide co inicio do verán e as temperaturas poderán superar os 30 graos nalgúns puntos do país.

É un cambio radical no tempo e os expertos consideran que pode converterse no primeiro episodio de altas temperaturas do verán, e, no peor dos casos, en onda de calor. Aínda non se pode falar de valores máximos, pero agárdase que se superen os 40 graos no suroeste da Península. O metereólogo Mario Picazo explica que este episodio de calor sumado ás elevadas temperaturas do mar no Atlántico e no Mediterráneo ocasionará un fin de semana “tórrido” en moitas zonas de España, con noites tropicais e incluso ecuatoriais.

Publicidade

O portavoz da AEMET Rubén del Campo, postula que “é moi probable que nos atopemos nun episodio cálido a partir da fin de semana. En función dos pronósticos dos próximos días confirmaremos se se superan os umbrais de intensidade, duración e extensión necesarios para falar da primeira onda de calor do verán, pero aún é cedo para poder confirmalo”.

AEMET Galicia explica que, tras estes días de intensas chuvias, a precipitación acumulada de xuño superou a precipitación normal do mes na maior parte de Galicia, aínda que é o terceiro mes menos chuvioso do ano (por detrás de xullo, que ocupa o posto 1, e agosto, o posto 2). Desta maneira, o ventilador atlántico seguirá activo durante os primeiros días da semana, que serán frescos e húmidos. O día 22 de xuño os termómetros comezarán a subir e segundo apunta AEMET, as temperaturas máximas experimentarán un lixeiro descenso o domingo.

Publicidade

https://twitter.com/AEMET_Galicia/status/1670730976433958917?s=20

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A seca xa afecta o 79% de ríos galegos e o 15% presenta niveis extremos

Un visor interactivo creado polo investigador do CSIC Dominic Royé alerta da situación de secura no norte da Coruña, no paso do Ulla entre Pontevedra e Lugo e no sur de Pontevedra

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais