Unha placenta artificial mantén con vida a fetos animais durante 12 días

O equipo investigador espera que este fito na medicina se poida someter a ensaios clínicos en dous ou tres anos

Esta mañá presentáronse en CosmoCaixa Barcelona os primeiros resultados do proxecto CaixaResearch Placenta Artificial, o primeiro proxecto experimental en modelo animal de placenta artificial en Europa. Esta investigación está liderada polo doutor Eduard Gratacós desde BCNatal, un centro de referencia internacional en medicina fetal do Hospital Clínic de Barcelona e do Hospital Sant Joan de Déu. O obxectivo é reproducir e prolongar as condicións fisiolóxicas do útero materno para permitir o correcto desenvolvemento dos órganos dos recentemente nados de seis meses ou menos, de modo que aumenten as súas posibilidades de supervivencia e se minimicen as secuelas que sofren moitos destes neonatos.

Gratacós afirmou este luns que é un “fito moi importante” e agárdase que o prototipo poida someterse a estudios clínicos en humanos en dous ou tres anos anos. A placenta artificial está pensada para os bebés ultraprematuros, aqueles que nacen antes dos seis meses. En Europa estímase que alcanzan os 25.000 casos. “A súa mortalidade é do 20% cando nacen ás 25 ou 26 semanas, pero ata do 80% se son de 22 ou 23 semanas”, destaca o investigador. Ademais, nestas circunstancias os bebés que sobreviven corren moitos riscos a nivel cerebral e respiratorio.

Publicidade

A placenta artificial simula as condicións intrauterinas para “conseguir sacar ao feto da súa nai e que siga vivindo como un feto”. Para iso, hai que “enganar” ao máximo á natureza. É fundamental que o prototipo garantice, entre outras cuestións, que entre e saia o líquido amniótico, e que lle cheguen ao bebé os nutrientes necesarios para manterse con vida a través do cordón umbilical.

“A placenta é como unha ventosa de carne que se adhire ao útero e se comporta como un radiador polo que circula o sangue e volve saír (circulación extracorpórea) para oxixenar ao feto, pois este non respira directamente senón que lle pasa o oxíxeno a súa nai”, explica o director de BCNatal.

A profesora en Pediatría da División de Neonatoloxía na Universidade de Columbia en Nova York Kelly Werner postula que este é un avance médico que podería axudar a salvar bebés, así como que a placenta deberá someterse a rigurosas probas clínicas. “Se se demostra que a placenta artificial é mellor que os coidados que xa se prestan nas unidades neonatais poderíase aprobar o seu uso máis xeneralizado”, indica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

É o seu bebé demasiado dependente das pantallas? Sinais de alerta antes dos seis anos

Como identificar patróns de uso problemático e fomentar un desenvolvemento equilibrado na primeira infancia

Un novo estudo relaciona o consumo de paracetamol no embarazo co TDAH

O fármaco é o máis seguro para aliviar a febre durante a xestación pero hai controversia sobre os efectos no desenvolvemento neurolóxico dos bebés

Por que as mulleres dormen peor?

O sono feminino difire do masculino tanto polo rol social como por importantes diferenzas biolóxicas e hormonais

Estas son as neuronas que explican o apego entre as nais e os seus bebés

Unha poboación neuronal do cerebro das crías de rato é clave para entender como estes primeiros días poden ter un profundo efecto na súa saúde e crecemento