Permafrost: a traxedia acelerada do efecto invernadoiro

Un estudo advirte de que a desconxelación rápida do solo en zonas árticas podería aumentar a liberación á atmosfera de grandes volumes de CO2 e metano

O permafrost é o nome co que se coñece aos terreos de zonas preto das latitudes polares, especialmente no hemisferio norte, que se manteñen xeados nas capas superficiais do solo durante todo o ano, dando lugar a uns ecosistemas moi particulares. Desde hai tempo vense advertindo de que os episodios cálidos en grandes extensións do Canadá, Alaska ou Siberia están alterando estes lugares, que serven como sumidoiro de gases de efecto invernadoiro. E un novo traballo publicado estes días en Nature Geoscience volve poñer o foco internacional no problema, ao describir un proceso crecente, a desconxelación “abrupta” de grandes superficies destes terreos, ás veces en cuestión de días, que libera importantes cantidades destes gases, principalmente dióxido de carbono (CO2) e metano (CH4).

Segundo os autores do artigo, as proxeccións para calcular a cantidade de substancias de efecto invernadoiro que se emiten á atmosfera desde o permafrost pasaban por alto un proceso menos coñecido producido pola desintegración súbita do xeo destes solos.

Publicidade

“Aínda que a desconxelación abrupta do permafrost se limite a menos do 20% destas zonas, as proxeccións de liberación de carbono do permafrost aumentarían arredor dun 50%”, expón Merritt Turetsky, científico do Instituto de Investigación Ártica e Alpina de Boulder, Colorado, nos Estados Unidos, e autor principal da investigación.

No permafrost fican almacenados desde hai miles de anos rochas, area, terra e importantes volumes de carbono debido aos restos de seres vivos que habitaron estas zonas, como plantas, animais e microbios. As estimacións falan de que estas zonas, que suman unha área semellante á de Canadá e Estados Unidos xuntos, contén arredor de 1.500.000 millóns de toneladas de carbono, o dobre do que hai actualmente na atmosfera e o triplo do que o ser humano emitiu desde o comezo da era industrial. A desconxelación do permafrost xa está xerando importantes problemas ás comunidades destas zonas árticas e as súas infraestruturas.

Publicidade

O desxeo do permafrost está afundindo as infraestruturas no Ártico

O problema derivado do desxeo do permafrost xa se contemplou no último informe do IPCC, o organismo asesor da ONU para o cambio climático, publicado en setembro de 2019. As predicións falaban de que aínda que se conseguira limitar o quecemento global a menos de 2ºC para 2100, a área cuberta polo permafrost reduciríase nun 24% para finais de século.

Con todo, estes escenarios, segundo Turetsky, só contemplaban a perda gradual destas superficies. Estimamos que a desconxelación abrupta pode liberar entre 60 e 100 miles de millóns de toneladas de carbono ata o ano 2300″, apuntaron o científico e varios colaboradores nun texto publicado tamén en Nature en 2019.


Referencia: Carbon release through abrupt permafrost thaw (Publicado en Nature Geoscience).

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024