O desxeo do permafrost está afundindo as infraestruturas no Ártico

O coñecido como permafrost, unha capa de solo xeado que é clave nos ecosistemas do círculo polar ártico e amplas zonas do norte de Europa, estase derretendo. A súa degradación avanza nos últimos anos, e en zonas como Alaska e Siberia Oriental (especialmente na rexión de Yakutsk) teñen serios problemas para reparar os danos que xa produce este desxeo.

Un estudo realizado pola universidade de Oulu, en Finlandia, e publicado en Nature Communications, analizou o problema que o derretemento do permafrost podería causar nos vindeiros anos nas rexións árticas. No traballo identifícanse as zonas con maior risco, cuantificando as estruturas en perigo e comparándoas cos diferentes escenarios de cambio climático que se prevén.

Publicidade

Un 70% das infraestruturas, en perigo

Os investigadores avaliaron os riscos das estruturas de enxeñería para 2050. E os resultados son contundentes: “Preto de catro millóns de persoas e o 70% das infraestruturas de transporte e industriais actuais están en zonas cun alto potencial de desxeo do permafrost”, mesmo se as emisións de gases de efecto invernadoiro se estabilizaran ou se reduciran, din os autores. Estas cifras supoñen que preto de tres cuartas partes da poboación panártica verían seriamente alterado o seu modo de vida.

Potencial de risco debido ao permafrost na zona panártica. Fonte: Nature Communications/Oulu University.
Potencial de risco debido ao permafrost na zona panártica. Fonte: Nature Communications/Oulu University.

O desxeo do permafrost afectaría tamén á explotación dos recursos naturais, moi importantes nalgúns puntos do círculo polar ártico, e para o desenvolvemento sustentable destas comunidades. Así, os científicos alertan de que o 45% dos campos de extracción de hidrocarburo no norte de Rusia están en rexións inestables porque o permafrost se está derretendo. Urxe, por tanto, segundo o estudo, a necesidade de ter unha información precisa para abordar o problema.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies