A Coruña celebra este mércores a clausura do Mes Escéptico

A Domus da Coruña acolle este mércores a clausura da cuarta edición do Mes Escéptico, un ciclo de charlas organizadas polos Museos Científicos Coruñeses e a entidade Circulo Escéptico, co obxectivo de ofrecer unha reflexión crítica sobre diversos temas de interese social e científico.

A partir das 19.30 horas, o salón de actos do museo coruñés celebrará diversos actos. O primeiro deles será o nomeamento do ministro de Ciencia, Pedro Duque, como socio de honra do Círculo Escéptico, “pola súa decidida defensa da racionalidade fronte ao auxe das pseudoterapias”, segundo decidiu a directiva da entidade. Duque intervirá a través dun discurso gravado que será emitido durante o acto.

Publicidade

A continuación celebrarase a última charla do ciclo que se veu celebrando este mes, centrado na infancia. O psicólogo Eparquio Delgado abordará os riscos das adiccións que pode agochar internet, comparándoas con outras adiccións, especialmente no caso dos adolescentes, e ofrecendo ferramentas para achegarse a este abuso.

Premios Pepe Cervera e Pérez Cobo

A clausura da actividade servirá tamén para entregar os premios Pepe Cervera ao pensamento crítico, e o Pérez Cobo, de Xornalismo e Pensamento Crítico. O primeiro deles recaeu en Lucía Galán, pediatra e divulgadora que destaca, segundo subliña o xurado, composto polos socios do Círculo Escéptico, “pola súa constante defensa da evidencia científica en medicina fronte as pseudoterapias e os movementos antivacinas”.

Publicidade

O premio é unha homenaxe a Pepe Cervera, paleontólogo e divulgador falecido este ano, que destacou pola súa paixón á hora de transmitir o coñecemento e as súas capacidades transformadoras, a divulgación da ciencia e o dereito de todos os cidadáns a gozar dela.

Pola súa parte, a xornalista de El Mundo Marta Ley recibirá o III Premio Pérez Cobo polo artigo El placebo más caro del mundo, un traballo sobre a historia da homeopatía en España. O xurado estivo composto por Ángela Bernardo, gañadora da edición anterior, os xornalistas Manuel Rey e Olga Pereda e os Socios do Círculo Escéptico César García Pérez e Manuel F. Herrador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre