Os científicos estudaron os factores que levaron a que estes
Os científicos estudaron os factores que levaron a que estes "controladores de elite excepcionais" non teñan o VIH detectable no sangue.

Descobren persoas que controlan o VIH sen tratamento durante 25 anos

Científicos españois investigan os factores xenéticos, inmunitarios e virais que levaron á "cura funcional" destes afectados

Un home e dúas mulleres que contraeron hai máis dun cuarto de século o virus da inmunodeficiencia humana (VIH) causante da sida e que non recibiron tratamento antirretroviral non teñen o virus detectable no sangue nin desenvolveron a doenza. Son casos excepcionais que levan tempo investigando científicos españois e que hoxe publica Scientific Reports, nun estudo no que se analizan os factores xenéticos, inmunitarios e virais que conduciron a esta situación –coñecida como “cura funcional”. O obxectivo é buscar como replicalos no resto de persoas infectadas, e traballar para determinar un perfil común que permita identificar desde o momento do diagnóstico que persoas poderían controlar o virus por si soas. 30 millóns de afectados en todo o mundo.A sida, aínda que se reduciu en gran medida nos países máis desenvolvidos, segue causando elevadas mortalidades en zonas de África, e existen máis de

“Controladores de elite excepcionais”

Os autores do artigo refírense ás persoas con este perfil como “controladores de elite excepcionais” (EEC). Os ECC forman un novo subgrupo dentro dos chamados “controladores de elite”, que son persoas infectadas polo VIH que poden controlar de forma espontánea a replicación viral e non amosan síntomas da infección a pesar de non tomar tratamento antirretroviral.

Cecilio López Galindez, que lidera xunto con Concepción Casado o grupo de Virología Molecular do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), un dos centros participantes no traballo, explica que a cura da sida “non é algo factible polo momento” a nivel xeral, polo que o avance cara á posible “cura funcional” que confirma este traballo “é un obxectivo máis realista e apropiado”. A cura funcional non busca a eliminación total do virus, senón telo controlado, inactivo e invisible.

“Os controladores de elite excepcionais representan un paso máis, debido ao prolongado tempo en que conseguiron controlar o virus. Nestes tres casos, o diagnóstico foi hai 25 anos, pero datacións moleculares do virus permiten estimar que a infección se produciu hai uns 30”, explica Javier Martínez-Picado, investigador ICREA no Instituto de Investigación da Sida IrsiCaixa de Badalona (Barcelona). “A longo prazo, moitos controladores de elite acaban perdendo a capacidade de controlar o virus, pero nestes casos non ocorreu, e mesmo as dúas mulleres deron a luz hai décadas a bebés que non teñen a infección sen tomar medicación durante o embarazo”, destaca.

A cura funcional non busca a eliminación total do virus, senón telo controlado, inactivo e invisible

As tres persoas nas que se centrou o estudo presentan unha complexa combinación de factores xenéticos, virológicos e inmunolóxicos que lles permite un control extremo da infección, que se produce só se están a actuar simultaneamente todos estes factores. Por iso, os investigadores levaron a cabo un estudo exhaustivo para identificalos.

En primeiro lugar, o traballo detectou nos tres individuos niveis de virus moi por debaixo (ata 10 veces inferior) dos das persoas que toman tratamento antirretroviral. Ademais, tras a análise de millóns de mostras non se puido recuperar ningún virus capaz de replicar e continuar a infección.

Os científicos comprobaron tamén que os niveis de variabilidade viral son extremadamente baixos (8 veces menos) que noutras persoas seropositivas, o que demostra que son virus moi pouco activos. “O virus que infectou a estas persoas ten a particularidade de que lle faltan determinados fragmentos de ADN, o que non fai que desapareza pero imposibilita a súa capacidade de reproducirse. Tamén estamos a estudar se o virus atópase nos chamados desertos de ADN, que son zonas do xenoma humano onde o ADN do virus non pode expresarse e, por tanto, este non pode multiplicarse”, detalla Martínez-Picado. En calquera caso, engade López Galindez, “é unha proba de que se pode chegar a unha situación de cura funcional aínda que detectemos virus no organismo”.

Finalmente, detectaron que as tres persoas presentan variacións no seu xenoma asociadas co control da infección polo VIH. “Estes individuos presentan de maneira natural unha resposta inmunitaria moi potente contra o virus e baixos niveis de inflamación, o que podería axudar a alcanzar o control viral durante as primeiras fases da infección”, sinala Ezequiel Ruiz-Mateos, da Unidade de Enfermidades Infecciosas do Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS).

Os investigadores ven posible que existan outras persoas no grupo dos controladores de elite con características clínicas semellantes a estes tres controladores de elite excepcionais, e que poderían ser identificadas grazas aos marcadores determinados neste estudo.

O estudo está liderado por investigadores do Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid (CNM- ISCIII), a Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Universitario Virgen del Rocío/Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS) e o Instituto de Investigación da Sida IrsiCaixa de Badalona (Barcelona), centro impulsado conxuntamente por “la Caixa” e a Generalitat de Catalunya. Todos estes laboratorios pertencen á Rede de Investigación da Sida (RIS) do ISCIII.


Referencia: Permanent control of HIV-1 pathogenesis in exceptional elite controllers: a model of spontaneous cure (Publicado en Scientific Reports).

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.