Xoves 25 Abril 2024

O sábado o reloxo atrásase unha hora: a orixe dun método secular que pode afectar á saúde

Na madrugada do domingo ás tres serán as dúas. Explicámosche a orixe do cambio horario e o debate sobre as implicacións sanitarias

Ás tres da madrugada deste domingo, serán as dúas. A frase recorrente de cada outubro está a repicar xa nas conversas en tódolos ámbitos da vida. Tamén os debates son cíclicos na rúa e nas redes sociais. “Galicia precisa adherirse ao horario portugués”, “é mellor abolir o cambio horario”, “Europa debe adpatarse de xeito máis preciso aos fusos”… Sexa como for, polo de agora, o consenso legal -que non social- di que o último domingo de outubro o reloxo ten que correr unha hora para atrás e o último domingo de marzo, unha cara adiante. O da primavera abre o horario de verán e o desta fin de semana inaugura o de inverno.

Os motivos son claros e nada arbitrarios: aproveitar a luz solar, principalmente, durante os horarios laborais maioritarios. Precisamente, ese foi un dos eixos do debate -case xeracional- entre os anos 2018 e 2019. Naquela altura, a Comisión Europea e o Parlamento Europeo comprometéronse a establecer zonas horarias naturais no continente e a pór fin aos cambios de hora no verán e no inverno. Mais tres anos despois daquela polémica cábala, o proxecto quedou esquecido. Alí confrontáronse dúas visións maioritarias: gañarlle tempo á mañá ou gañarllo á tarde. Ter luz natural para traballar ou para o tempo de lecer? Velaí a cuestión.

Publicidade

A orixe de mover a agulla das horas

Ata o 1 de xaneiro de 1901, no Estado español utilizábase o horario solar e a hora rexíase polo meridiano de Madrid, no entanto, cada comunidade ou provincia establecía o seu cambio de hora segundo conveniencias dunha maneira inusualmente laxa se se compara coa normativa actual. Con todo, o inicio da Primeira Guerra Mundial e as medidas propostas noutras potencias veciñas empuxaron a España a establecer o novo cambio de horario. Deste xeito, a partir do 15 de abril de 1918 instaurouse oficialmente o cambio de hora de verán. Con todo, a decisión non foi inamovible. Entre 1920 e 1925 e entre 1930 e 1936 no Estado non se aplicou este cambio ao horario estival. E nos anos posteriores á Guerra Civil, a ditadura de Francisco Franco decidiu igualar o horario co de Alemaña. Pero aquela decisión apenas durou dez anos. Dende 1950 e ata 1973, a hora de verán deixou de aplicarse en España.

O punto de inflexión de onde naceu a situación actual foi a crise de petróleo de 1973, cando a Organización de Países Árabes Exportadores de Petróleo con membros do golfo pérsico da OPEP decidiron non exportar máis petróleo aos países que apoiaran a Israel durante a guerra de Yom Kipur. Como consecuencia da crise enerxética derivada do aumento dos prezos do petróleo de outubro de 1973, o horario de verán reinstaurouse en moitos países para aforrar enerxía. No caso de España, segundo o Instituto Xeográfico Nacional, entoru en vigor en 1974.

Como afecta á nosa sáude?

A afección á saúde das persoas é outro dos debates recorrentes que chega cada outubro e cada marzo. Hai un par de anos, o profesor de Física da Materia Condensada na Universidade de Sevilla, José María Martín, reflexionaba neste diario sobre este asunto. Acudía a un grupo de expertos en medicina clínica, fisioloxía e inmunoloxía, con experiencia en cronobioloxía e na medicina do sono que analizou a influencia do cambio de hora no sistema circadiano (as oscilacións das variables biolóxicas en intervalos regulares de tempo. Todos os animais, as plantas e todos os organismos mostran algún tipo de variación rítmica fisiológica que adoita estar asociada cun cambio ambiental rítmico). As conclusións foron publicadas no European Journal of Internal Medicine e os investigadores tiveron a oportunidade de expoñer as súas ideas no Parlamento Europeo. A súa conclusión é simple: o cambio debe ser eliminado. Con todo, consideraba Martín, o estudo ten eivas e que a súa conclusión é insustentable.

“Fisiólogos e cronobiólogos ven o cambio como unha alteración inxustificada da vida cotiá. Esta tese non tería obxeccións se o eixo da Terra non estivera inclinado. Se todos os días amencera e anoitecera á mesma hora. Se o Sol alcanzase sempre a mesma altura ao mediodía. Non é así. Esquecen ponderar a utilidade e naturalidade deste cambio: a xestión estacional dunha actividade humana que, hoxe, está rexida por un reloxo insensible ás estacións. Esta adaptación está condicionada pola latitude, tamén se facía en épocas anteriores e tamén se observa en sociedades preindustriales actuais“, argumentaba o profesor de Física da Materia Condensada na Universidade de Sevilla.

E remataba: “O cambio de hora de primavera é equivalente a un adianto dos horarios, pero nin é unha ocorrencia moderna nin o seu efecto principal é o aforro enerxético: as Cortes de Cádiz xa adiantaban as súas sesións unha hora en 1810 e non o facían por aforrar. Tampouco se implementa arbitrariamente: minimizamos a súa posible influencia na saúde empregando o menor cambio posible, facendo un único cambio e procurando que teña lugar na data máis conveniente para o sistema circadiano”.

1 comentario

  1. Parabéns por esta páxina.
    Independientemente do cambio horario, o que debería cambiar en Galicia, e máis no resto da península, é o de manter o horario de Berlín no canto do que corresponde ao noso fuso horario. É unha cuestión de saúde, mais tamén de memoria histórica.
    Un saúdo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...