O paspallás é a ave do ano 2020

A "Coturnix coturnix" ten na península ibérica a súa principal poboación en Europa e enfróntase a diversas ameazas nos últimos tempos

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Birdlife) anunciou este venres que o paspallás común (Coturnix coturnix) é a ave do ano 2020, despois de ser a máis votada nunha enquisa aberta á cidadanía e que por primeira vez se celebrou coa Sociedade Portuguesa para o Estudo das Aves (SPEA). Con este nomeamento, sucedendo á píllara das dunas, a entidade divulgará durante este ano a importancia de coidar a poboación dos paspallás na península ibérica, que é a máis importante de Europa, nun contexto de cambio climático e ameazas sobre os hábitats rurais e agrícolas.

O paspallás é unha ave migratoria de longo percorrido que chega ata ao sur do Sahara. En busca de auga e comida, o paxaro segue complexos roteiros migratorios en función da pluviometría e dos ciclos agrícolas.

Publicidade

Ademais das ameazas do hábitat, SEO salienta que a forte presión cinexética á que se viu sometida a especie –máis dun millón de individuos cazados anualmente, aínda que a maioría son de granxa– e a contaminación xenética por mor da solta de paspallás xaponés ou híbridos con fins cinexéticos supoñen unha ameaza adicional.

“A sociedade comeza a entender a gravidade da perda de biodiversidade, estamos nun momento no que hai sensibilidade ambiental e a xente quere protexer o que está a deixar de ser común”, declarou Asunción Ruiz, directora executiva de SEO/BirdLife.

Publicidade

Con este panorama, en España contabilízanse na actualidade apenas 225.000 exemplares, que sufriron un declive poboacional nos últimos 20 anos do 74%, segundo os últimos datos datos de seguimento da asociación. “A situación da especie é alarmante, o declive é tan grave que cumpriría para ser designada como unha especie ‘en perigo’, segundo os criterios de ameaza da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN)”, anunciou Ana Carricondo, coordinadora de Programas de Conservación de SEO.

Alén disto, SEO destaca que “desde hai décadas desenvolveuse unha xestión agraria pouco favorable para a biodiversidade e isto constitúe tamén a principal ameaza para o paspallás común”. Neste sentido, “a perda de elementos naturais na paisaxe agraria e de prácticas clave como o barbeito, a simplificación dos cultivos, o adianto das colleitas ou o uso xeneralizado de praguicidas e herbicidas foron reducindo o valor dos hábitats agrarios”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Do picapeixe á cegoña branca: as aves (galegas) que poderían aparecer nos próximos billetes de euro

As seis especies escollidas polo Banco Central Europeo teñen presenza, habitual ou ocasional, no territorio, dende as montañas do interior ata o litoral

Flamengos, falcóns e corvos: descubre as aves que podes ver en Galicia segundo este mapa interactivo

EuroBirdPortal recolle os datos de múltiples portais web de visualización ornitolóxica e combínaos nunha ferramenta única