A Fiscalía investiga danos ao medio ambiente por obras na Estaca de Bares

Admite parcialmente a denuncia presentada en outubro de 2019 pola Sociedade Galega de Historia Natural debido á "desfeita" no lugar

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) anunciou este venres que a Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia admitiu parcialmente unha denuncia presentada pola entidade a finais do mes de outubro de 2019 debido ás presuntas irregularidades nunhas obras realizadas na contorna de Estaca de Bares.

Naquel momento, a asociación ecoloxista cualificou de “abano de desfeitas” a intervención realizada do marco de “obras de acondicionamento” do faro e o espazo de acceso, que formarían parte “dun plan de promoción turística na Estaca de Bares, promovido pola Axencia de Turismo de Galicia e/ou o Concello de Mañón“.

Publicidade

As actuacións causaron, segundo comprobou a entidade,”unha deterioración grave, permanente e de moi difícil recuperación sobre os hábitats de interese comunitario da ZEC Estaca de Bares, e sobre as poboacións de especies de flora e fauna silvestres dependentes destes, que supoñen en conxunto un grave desequilibrio ecolóxico”.

Denuncian “un abano de desfeitas” na Estaca de Bares

A Fiscalía acordou abrir dilixencias de investigación penal por varios feitos: a limpeza mecanizada duns 30.000 metros de hábitats de interese comunitario, que xa fora denunciado pola SGHN en xuño de 2017 diante da Dirección Xeral do Patrimonio Natural; a construción dun miradoiro-aparcamento na zona A da ZEC Estaca de Bares; as actuacións na antiga base militar e no humidal existente, que alteraron a súa estrutura e funcionamento ecolóxico e a distribución dos hábitats; e a degradación de hábitats debido ás obras acometidas para acoller a chegada da Vuelta Ciclista a España en setembro de 2018, así como o uso “ilegal” de megafonía, que tamén denunciara a SGHN no seu momento.

Publicidade

Entre os danos causados, a SGHN “constatou a artificialización e perda de hábitats e poboacións de especies silvestres de flora e fauna nunha área de máis de 400 metros cadrados na parte superior do cantil, que mantiña unha serie de charcas temporais que servían de refuxio a distintas especies de invertebrados e anfibios”. Nesta zona, alén da existencia previa dun aparcadoiro “alegal” que incumpría a normativa, destruíronse hábitats protexidos, entre os que hai taxóns endémicos como Angelica pachycarpa e Ulex europaeus L. subsp. latebracteatus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial

A Galicia dos 71 sistemas dunares: cando a rexeneración artificial tamén é perigosa

A bióloga ambiental Noelia Pereira cuestiona a rexeneración artificial dos ecosistemas, sobre todo a achega periódica de area, con custos económicos millonarios

Un novo produto permite reducir as emisións contaminantes nas explotacións gandeiras

Investigadores da UVigo desenvolven un 'biochar' de alta flotabilidade elaborado con residuos forestais que actúa como filtro sobre as fosas de xurro

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas