Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial

A intelixencia artificial xa forma parte indiscutible da nosa vida cotiá. Non obstante, ten unha cara B non sempre visible: o seu custo ambiental. Igual que outras tecnoloxías e aparellos de uso diario, como os electrodomésticos e os coches, a investigación encamíñase a crear modelos tan precisos como sostibles. É aquí onde xoga un papel fundamental o concepto “algoritmo verde”. Neste novo episodio de O Descodificador, o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, analizamos o termo coas investigadoras da UDC Amparo Alonso e Bertha Guijarro.

Os datos dan conta da realidade: o adestramento de Chat GPT 3 supuxo o mesmo consumo de enerxía e de CO2 que un fogar estadounidense en 120 anos. Con estas cifras, tanto Alonso como Guijarro consideran que a sociedade non está o suficientemente concienciada sobre o custo ambiental da intelixencia artificial e, en xeral, de todo o que implique dixitalización. O principal problema, apuntan, é que é difícil de ver canto contamina. “Cando falamos de revolución industrial somos conscientes de que estamos producindo residuos e lixo, pero cando falamos da nube todo é moi etéreo”, sinala Alonso.

Publicidade

Maior conciencia ecolóxica

A mellor forma de combater a falta de concienciación é a través dunha educación que teña como eixo transversal a conciencia ecolóxica. De igual maneira que se utilizan electrodomésticos que aforran enerxía ou coches eléctricos, aínda que sexa baixo unha premisa económica, probablemente se creen modelos de IA máis sostibles. Detrás disto está o concepto de “algoritmo verde”; aqueles que consomen menos recursos pero que funcionan coa mesma precisión. Non obstante, non se poden aplicar sempre.

Tanto Alonso como Guijarro cren que a academia, e incluso a industria, están poñendo esforzo por unha intelixencia artificial e un mundo dixital máis sostible. Porén, as investigadoras advirten que os grandes modelos, como Chat GPT e DeepSeek, continúan a consumir moitos recursos. Probablemente entren nesta carreira da sostibilidade para aforrar custos e non por unha conciencia medioambiental, mais esta competencia entre grandes empresas contribúe a un acceso máis democrático e barato á tecnoloxía.

Publicidade


  • Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser
  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).
Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións