O furacán Lorenzo avanza cara a Europa pero esquivaría Galicia

O ciclón segue rumbo noroeste e os modelos predín que pasará entre Islandia e Irlanda como borrasca extratropical

Os modelos meteorolóxicos amósanse consistentes e o furacán Lorenzo semella que non afectará directamente a Galicia. Tras perder algo de forza e pasar de categoría 5 (a máis alta) á categoría 4, espérase que continúe con traxectoria noroeste, para pasar polos Azores e entre Islandia e Irlanda, probablemente xa como borrasca extratropical.

Traxectoria prevista para o furacán Lorenzo prevista por NHC Atlantic.

“Tanto o como o prognostican unha traxectoria de Azores a Islandia entre mércores e venres, moi afastado de Galicia. Aínda así seguimos vixiantes…”, explican dende Meteogalicia.

Publicidade

Este domingo, Lorenzo deixou unha imaxe para a historia: xamais un furacán de categoría 5 estivo tan preto de Europa. Pero a evolución deste ciclón fai pensar actualmente que non chegará a Galicia.

Polas mesmas datas, hai dous anos recibimos a influencia de Ofelia, tristemente recordado pola súa coincidencia coa gran vaga de incendios do 15 de outubro de 2017, xusto o momento no que os refachos de máis de 100 km/h, unidos ás altas temperaturas e á seca, ademais da actividade incendiaria, calcinaron centos de miles de hectáreas en Galicia e Portugal.

Publicidade

E o ano pasado foi a quenda de Leslie, que afectou en maior medida a Portugal, pero tamén deixou pegada, convertido en tormenta extratropical, ao longo de España.

Lorenzo, un furacán atípico que se dirixe cara a Europa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas