O aire frío do Atlántico norte deixará na ponte de decembro temperaturas xélidas en Galicia

Os valores máis baixos rexistraranse o domingo nas comarcas de interior e Lugo non superará os oito graos de máxima

O inverno meteorolóxico empezou este pasado día 1 e comezará a notarse durante esta ponte de decembro en Galicia. As axencias meteorolóxicas sinalan que un anticiclón situado no arquipélago das Azores deixará a súa influencia sobre o territorio galego durante esta semana e os días festivos, mais aínda así as chuvias e as baixas temperaturas chegarán e, de cara ao domingo, xeadas fortes farán acto de presenza no interior da comunidade.

Se ben toda esta semana o territorio estará influenciado polo anticiclón das Azores, os ventos do suroeste farán que de cara ao venres as masas de aire húmidas deixarán ceos con máis nubes e un tempo húmido, “con posibilidade de chuvias febles na franxa atlántica de cara á noite”, segundo indica Meteogalicia. No interior os refachos serán frouxos, aumentando a súa intensidade no litoral e, sobre todo, no extremo norte.

Publicidade

Xa de cara ao sábado, unha fronte cruzará Galicia deixando chuvias durante a mañá e facendo que comece a notarse o aire frío procedente do Atlántico norte. As temperaturas comezarán a baixar, sobre todo de cara ao domingo. Pasando dos 12 graos de máxima do sábado aos 8 graos no domingo en cidades como Lugo ou de 14 a 10 graos en Ourense.

Durante a xornada do día 8, o anticiclón das Azores subirá en altitude e un fluxo do norte arrastrará unha masa de aire moi frío continental que fará que as temperaturas baixen de forma considerable, tanto as máximas como as mínimas. Será a partir deste día e de cara á próxima semana, cando comecen a darse as primeiras xeadas importantes, sobre todo no interior de Galicia. Segundo indican dende Meteogalicia, existen probabilidades de que neses días se poidan dar nevadas no territorio galego.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla