Millóns de bólas de plástico volven aparecer nas costas galegas

A Asociación Noa Limpa informou que se localizaron en bolsas de 25 quilos co nome dunha empresa polaca que perdeu mencancía preto de Viana do Castelo, en Portugal

As praias das rías de Muros e Noia e das Rías Baixas están cubríndose dun manto branco. Trátase de extensas capas de bólas de plástico que empezaron a aparecer o 15 de setembro. A Asociación Noia Limpa vén de informar que estas cantidadades de materiais foron identificadas en bolsas de 25 quilos co nome dunha empresa con sede en Polonia que perdeu a mercancía de seis contenedores preto de Viana do Castelo, en Portugal. A empresa é Bedeko Europe e é produtora e distribuidora de materiais plásticos.

A propia empresa deu o aviso da vertedura a mediados de decembro. Segundo informa a Asociación Noia Limpa, a entidade local que está a proporcionar información sobre estes eventos, descoñecen a cantidade de sacos que se perderon nin o que contiñan os demais. Estiman que recolleron sobre 52 bolsas, mais “seguen chegando” novas destes materiais dispersos por varias praias das Rías Baixas.

Publicidade

O mércores localizáranse cinco bolsas e moitas bolas de plástico por recoller dende Muros ata Ribeira. “Descoñecemos como está a situación no resto de Galicia”, apunta a organización.

As características destes materiais impiden limpalos de maneira correcta e para ser identificados é preciso empregar estabilizadores de luz ultravioleta. Noia Limpa, dende as súas redes sociais, trata de darlle visibilidade a este problema de contaminación que resulta perigoso para o medioambiente. Desta maneira, comparten mapas actualizados sobre a presenza destas verteduras nas costas galegas. Alertaron que nunha se producira unha dispersión tan grande, posto que xa houbo casos pero de menor intensidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca