Aparecen grandes cantidades de bólas de plástico nas praias da ría de Noia

A Asociación Noia Limpa denuncia a aparición destes compostos nos areais de Espiñeirido, Queiruga, As Furnas e Lariño dende o 15 de decembro

A Asociación Noia Limpa denuncia a aparición de extensas capas de bólas de plástico en varias praias da ría de Muros e Noia. Trátase da dispersión dunha gran cantidade do que parecen ser estabilizadores UV —un composto que protexe os plásticos da luz solar—. As primeiras detectáronse na praia de Espiñeirido (Porto do Son) o 15 de decembro. Dende entón a asociación denuncia a súa aparición nos areais de Queiruga (Porto do Son), As Furnas (Porto do Son) e Lariño (Carnota).

Praia de Lariño (Carnota). Foto: Dayana del Puerto.
Praia de Lariño (Carnota). Foto: Asociación Noia Limpa

Dende a Asociación Noia Limpa atribúen as bólas de plástico a unha vertedura, dado que se atoparon sacos co nome de Bedeko Europe, unha empresa polaca que se dedica á subministración de polímeros. Dende a entidade local apuntan que a propia compañía avisou da vertedura a mediados de decembro. Dende entón, Noia Limpa trata de darlle visibilidade ao plástico que aínda permanece nas praias e demanda “a súa retirada inmediata”.

Publicidade

Praia de Espiñeirido do día no que apareceron os sacos, 15 de decembro. Foto: Dayana del Puerto.
Praia de Espiñeirido do día no que apareceron os sacos, 15 de decembro. Foto: Asociación Noia Limpa

Dende a asociación advírtese da perigosidade destas verteduras e sinálase que nunca se producira unha dispersión tan grande. “Houbera casos puntuais pero sempre de menor tamaño”, apuntan fontes da entidade. Noia Limpa asegura que un responsable de medioambiente está a facer un rastrexo por toda a costa para detectar en que arenais houbo verteduras e animan, a través das redes sociais, a que todas as persoas que viven cerca das praias se acheguen a comprobar se tamén atopan sacos ou residuos plásticos deste tipo.

Praia das Furnas (Porto do Son) a 26 de decembro. Foto: Dayana del Puerto.
Praia das Furnas (Porto do Son) a 26 de decembro. Foto: Asociación Noia Limpa

1 comentario

  1. Parabéns por esas asociacións que se están movendo por facer algo, aínda que os medios sexan limitados.

    Onde pódese ver un mapa actualizado? Mágoa que o 112 non dea información dos datos que está a recibir .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Consecuencias da invasión

A ameaza dunha alga asiática que xa está en Galicia

A causa dos ‘pellets’ arquivouse, pero a contaminación continúa

A finais de 2023 o buque 'Toconao' perdeu seis contedores fronte ás costas portuguesas, e unha marea de bólas blancas de plástico comezou a chegar ás praias galegas

Os temporais reviven a crise dos pellets nas praias galegas

A asociación Noia Limpa alerta de que as bólas plásticas están chegando de novo aos areais e atribúeno ás últimas borrascas

Os pellets aumentan a súa toxicidade canto máis tempo pasan no mar

Un estudo da UVigo revela que as bólas plásticas son como esponxas e absorben substancias contaminantes, como os hidrocarburos