O pico de gripe en Galicia adiántase á semana de Reis: “Estamos no punto de maior incidencia”

Segundo os últimos datos do Sergas, o número de persoas ingresadas polo virus respiratorio é de 904, dos que 42 están en UCI

Na actualidade, a sanidade galega rexistra o seu pico de gripe. Así o expón a microbióloga do Hospital Universitario da Coruña e portavoz da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC) María del Mar Tomás, que explica que este “é o punto de maior incidencia” e agarda que, de cara á semana que vén, se perciba unha diminución dos casos. Con todo, cabe destacar que aínda estamos no período de festas de Nadal e habería que ter en conta as posibles incidencias da noite de Reis. Tanto en Galicia como noutras comunidades españolas o “boom” da gripe adiantouse con respecto a outros anos. A baixa taxa de vacinación provoca que as persoas non teñan unha inmunidade forte para combater as novas cepas que circulan durante a tempada de inverno. “Todo isto, xunto coa mobilidade propia das festas de Nadal, provocou o adianto da infección respiratoria”, sinala Tomás.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, na actualidade, o total de persoas ingresadas por gripe nos hospitais dos Sergas é de 904, dos que 42 están en UCI. Tal e como informan dende o Sergas, é a primeira vez na tempada que se produce un lixeiro descenso. Así, respecto da xornada anterior, hai 21 persoas menos hospitalizadas, e cinco menos en UCI.

Publicidade

O máis importante para protexernos contra este tipo de doenzas é a vacinación. “Por desgraza a taxa de vacinación de gripe en Galicia é baixa, aínda que sexa maior que a doutras comunidades autónomas”, confirma a experta do SEIMC. Ademais este ano a poboación tería que vacinarse de novo contra a covid xa que agora estanse subministrando doses de vacinas actualizadas ás novas variantes. Tanto a gripe como a covid sofren mutacións constantes. A gripe “sofre maiores variacións xenómicas que a covid o que fai que cada cepa sexa moi diferente”, explica. É por iso que a vacina da gripe se actualiza cada ano. Con todo, estase avanzando na campaña de vacinación e, a día de hoxe, o 82% dos maiores de 80 anos están inmunizados. Nos nenos de entre 0 e 59 meses, o dato está no 51%.

A influencia doutros virus

Agora mesmo, o virus respiratorio con maior incidencia é a gripe. Aínda que convive co virus respiratorio sincitial (VRS) e coa covid. Actualmente hai 164 ingresos por VRS e un total de 182 hospitalizados por covid, dos que 9 se atopan en coidados intensivos. Isto non quita, afirma Tomás, que cando baixe a gripe “a covid teña máis campo de actuación, por competencia ecolóxica entre virus, e haxa un aumento dos casos”. Tamén afirma que dende a pandemia causada pola covid as incidencias virais mudan. Houbo gripe B en verán “o que evidencia un patrón alterado por múltiples factores”.

Publicidade

Medidas de protección

Neste contexto, o pasado venres 29 de decembro, a Xunta decidiu reforzar as medidas contra infeccións respiratorias. Recoméndase o uso xeral de máscaras de protección en todos os centros sanitarios. A iso hai que sumarlle as medidas de prevención xa coñecidas. Tomás recorda a importancia de quedar na casa se temos síntomas; intentar non visitar a persoas vulnerables se temos síntomas ou usar a máscara en caso de que sexa imprescindible; non esbirrar ou tusir directamente nas mans e manter unha hixiene adecuada das mesmas; e, sobre todo, a vacinación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

Máscaras FFP2 como norma permanente en sanidade? Isto é o que din os expertos

Máis de medio cento de científicos solicitan á OMS que estableza a protección respiratoria de alta filtración como estándar en todas as contornas clínicas