Manchas solares no ceo da Coruña entre a nube de fume procedente de Portugal

O transporte de partículas ocasionado polos incendios do país veciño deixan uns ceos vermellos en Galicia

O vento segue a transportar as partículas do fume dos incendios dende Portugal cara Galicia, deixando uns ceos escuros e causando un efecto óptico que outorga ao Sol unha cor vermella intensa. Dende hai días, distintas localidades galegas amencen con estes tons, causando unhas incribles imaxes mais, tamén, unha alerta: a calidade do aire en cidades como Vigo é entre mala e moi mala, dependendo do punto.

Na tarde de xoves, o usuario de X David Couce aproveitou para inmortalizar coa súa cámara dito fenómeno e a súa influencia sobre a Torre de Hércules na Coruña. Na terceira imaxe pódense apreciar as manchas solares, mais trátase dunha fotografía feita cun filtro solar homologado, o cal permite apreciar estas rexións do astro que se atopan a unha menor temperatura que o resto. Iso si, cando as hai: non sempre ocurre.

Publicidade

https://twitter.com/DavidCouce/status/1836880530152841247

As redes inúndase dos testemuños de galegos e galegos que non queren perder a ocasión de inmortalizar este ton vermello. Isto ocorre porque as partículas de monóxido de carbono liberadas nos lumes forestais estanse movendo cara o norte e o noreste da Península Ibérica. De feito, na tarde do martes Copernicus Sentinel xa anunciaba este transporte masivo de fume, cuxo punto máximo acadarase nesta xornada de venres. Malia que o espectáculo do ceo poida chamar a atención, é recomendable tomar as precaucións pertinentes e ter en conta as alertas pola mala calidade do aire emitidas por MeteoGalicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro