Lugo superou en novembro os rexistros históricos de chuvia

Os datos provisionais de MeteoGalicia e a Aemet indican que choveu case todos os días do mes, no que houbo tamén moi poucas horas de sol respecto á media

Á espera dos datos definitivos, unha vez se contrasten os rexistros recollidos pola rede de estacións meteorolóxicas espalladas por Galicia, tanto a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) como MeteoGalicia avanzaron este luns que o chuvioso mes de novembro deixou cifras de récord alomenos nunha cidade galega: Lugo. Nas estacións que Aemet posúe no aeródromo, e a da rede autonómica na capital, nunha chovera tanto nun mes de novembro, acadando novos máximos históricos de 338 e 305 litros por metro cadrado, respectivamente.

Con todo, a cidade da muralla non foi, a pesar do seu récord, o lugar de Galicia onde máis auga caeu. Segundo o avance provisional difundido nas redes sociais, no aeroporto de Vigo, en Peinador, chegouse aos 452 l/m2, aínda que lonxe dos 590 do ano 2000. E Santiago de Compostela e Pontevedra amosaron, do mesmo xeito, uns valores que chegaron a duplicar á Coruña e triplicar os de Ourense, tal e como indica a táboa baixo estas liñas.

Publicidade

Tamén á espera da confirmación oficial, outros puntos de Galicia puideron ter superados rexistros do limiar de 700 litros por metro cadrado, marcando o que suporía unha das maiores cifras dos últimos casos. É a situación da estación de Fornelos de Montes, onde os datos falan de 732 l/m2.

Menos de 30 horas de sol en 30 días

Ademais da intensidade das chuvias, chamou á atención a súa continuidade; todos os días de novembro houbo rexistros de precipitacións nalgún punto de Galicia. Así, unha boa parte das estacións da Coruña e Lugo marcaron un pleno no calendario cos días de chuvia.

Publicidade

En relación a isto, chaman a atención tamén os datos debido ás poucas horas de sol, é dicir, os momentos no que os raios solares impactaban directamente na superficie sen topar coas nubes. Así, varias estacións meteorolóxicas, situadas na súa maioría en zonas montañosas con maior nubosidade, tiveron menos de 30 horas de sol en 30 días de mes, o que, de confirmarse, podería supoñer un novo rexistro mínimo neste parámetro.

O xeógrafo da USC Dominic Royé difundía este domingo a través da súa conta de Twitter un mapa que representaba a fracción media de nubosidade durante o mes. Tal e como se pode ver, a porcentaxe de tempo nuboso na maior parte de Galicia achegouse ao 100%, o que corresponde co pouco sol que se viu en moitas zonas do país.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana