Venres 19 Abril 2024

Atopan un antimicrobiano nos pigmentos da lura

Científicos españois e mexicanos descobren que os extractos destes compostos inhiben o crecemento de bacterias como a listeria ou a salmonella

Unha das características máis coñecidas da lura é a súa capacidade de cambiar de cor para mimetizarse coa contorna, unha habilidade que logra contraendo ou relaxando unhas células da súa pel coñecidas como cromatóforos. Mentres estudaban estas células científicos das universidades Miguel Hernández en Elche e Sonora en México descubriron que dentro destas células agóchase un tipo de pigmentos violetas, chamados omocromos, con propiedades antimicrobianas, antioxidantes e antimutagénicas.

“Cando engadimos extractos destes pigmentos de lura a cultivos de bacterias como Listeria monocytogenes, Salmonella enterica, Staphylococcus aureus ou Haemophilus influenza, ou ben a fungos como Candida albicans, inhíbese o crecemento dos microorganismos”, apunta Jesús Enrique Chan, investigador das dúas universidades e coautor do traballo.

Publicidade

“Ademais –engade–, os omocromos actúan como antioxidantes, unindo ou ‘secuestrando’ metais e eliminando radicais como un osíxeno activo chamado singlete e anións superóxido. Identificamos as mellores condicións de temperatura, tempos e proporción con solventes para obter a súa maior actividade antioxidante e antimicrobiana, así como a súa capacidade antimutagénica fronte axentes como a aflatoxina B1 (unha micotoxina mutaxénica)”.

O achado destes compostos podería axudar a revalorizar as partes da lura que son consideradas como descartes

O estudo, publicado no Journal of Microbiology, Biotechnology and Food Sciences, conclúe que os omocromos de cefalópodo son os compoñentes responsables de todas estas propiedades beneficiosas e destaca: “Son pigmentos cun prometedor valor terapéutico, que poderían aplicarse no futuro tanto no sector alimentario como no da saúde”.

Para realizar a investigación, os autores utilizaron mostras da lura xigante (Dosidicus gigas), unha especie que se captura na costa pacífica de América e da que se aproveita principalmente o manto e os tentáculos. O resto, incluída a súa pel, considérase como un refugallo pesqueiro e vértese ao mar.

“Isto xera problemas de contaminación nas costas”, sinala Chan, “así que investigacións como esta en a que informamos como se poderían usar estes refugallos, axudan a revalorizalos e minimizar a súa vertedura ao medio ambiente”.

O principal omocromo que identificaron os científicos é a xantomatina, un pigmento que presentan outras especies comúns de lura (Loligo vulgaris ou Doryteuthis pealeii), a sepia (Seppia officinalis), o polbo (Octopus vulgaris) e outros invertebrados, dos que tamén se podería extraer este beneficioso composto.

ReferenciaJumbo squid (Dosidicus gigas) skin pigments: chemical analysis and evaluation of antimicrobial and antimutagenic potential. (Publicado en Journal of Microbiology, Biotechnology and Food Sciences).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desenvolto o mapa máis completo de interaccións para a supervivencia das bacterias

Os resultados revelan detalles ata o de agora descoñecidos destes mecanismos e ofrecen posibles dianas para o desenvolvemento de novos antibióticos

Achado un novo mecanismo de control do ciclo vital dos fagos

Científicos do CSIC describen un sistema que permite aos virus das bacterias alternar entre multiplicarse ou a latencia

Son microbióloga e isto é o que nunca como e os sitios onde nunca comería

Despois de ler este artigo, nunca volverás a mirar a leituga en bolsa da mesma maneira

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"