Venres 29 Marzo 2024

Un novo río atmosférico de chuvia para despedir novembro

En máis da metade das estacións de MeteoGalicia choveu todos os días do mes (27) e agárdase auga para os vindeiros días

Este mes de novembro encamíñase aos seus últimos días cunha situación con poucos precedentes recentes en Galicia. A chegada dun novo río atmósférico, que obrigou a activar este xoves o aviso amarelo no suroeste da Coruña e o interior de Pontevedra (os lugares onde máis choveu neste mes) por precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, trae de novo auga a un mes que podería batir récords nalgúns lugares do país.

Así, durante este xoves as precipitacións irán xeralizándose co paso do día, mentres que o venres será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. E o sábado, último día do mes, unha borrasca situada entre Irlanda e a Península despedirá novembro de novo con auga.

Publicidade

Un novembro sen ‘días secos’

Segundo os datos provisionais de MeteoGalicia, en máis da metade das estacións da rede espallada polo territorio choveu todos os días de mes de novembro. E non só iso: o lugar onde menos días choveu (A Trabe, en Vilardevós) rexistrou 22 xornadas con precipitacións.

O lugar con menos días de chuvia foi Vilardevós, con ‘só’ 22 xornadas sen precipitacións en 27 días

Para atopar o último día sen precipitacións na maior parte das estacións hai que ir ata o 27 de outubro. Despois disto, a sucesión de borrascas que impediron o paso do anticiclón cara ao norte, mesmo coa chegada de temporais como Cecilia e os restos do ciclón Sebastien, traduciuse nun novembro sen tregua.

Con todo, e a pesar da habitual percepción de que non hai precedentes nesta xeira de chuvia, non hai que irse moi lonxe deste mes de novembro para atopar cifras superiores en canto a precipitacións, tanto por volume como por número de días seguidos. Entre xaneiro e febreiro de 2014, por exemplo, moitas estacións encadearon 42 ou 43 días seguidos de chuvia. E todo apunta a que non se superarán estas cifras nesta ocasión, xa que as predicións falan dun cambio de tendencia a partir do vindeiro luns. A secuencia máis longa neste senso rexistrouse en Ponteareas en 2000, 2008 e 2006, con xeiras de 54, 53 e 51 días consecutivos con precipitacións, segundo os datos de MeteoGalicia.

En canto á cantidade de auga, aínda que a persistencia da chuvia poida levar a pensar o contrario, ningún dos datos rexistrados ata agora por MeteoGalicia se sitúan por riba de cifras recentes (á espera destes tres días). Así, en Fornelos de Montes, o lugar onde máis choveu neste mes, superando xa os 650 litros por metro cadrado, houbo meses nos últimos anos, como xaneiro e febreiro de 2014 e 2016, ou decembro de 2012, nos que chegaron a acadarse máis de 660 l/m2. Entre os datos máis recentes, o mes con máis chuvia foi xaneiro de 2016 na estación de Xesteiras (Cuntis) con 824 l/m2. E moi lonxe, porén, dos 1.327, 1296 e 1.281 l/m2 que se marcaron en Vilariño de Conso, Beariz e Dodro, respectivamente, en decembro de 1978.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Nelson activa a alerta en Galicia por chuvias, vento e temporal marítimo

A Semana Santa comeza con aviso laranxa por ondas de 7 metros en todo o litoral e amarelo por acumulación de chuvia de ata 40l/m2 en tan só 12 horas

Un río atmosférico empapa Semana Santa: Galicia poderá superar os 100 l/m² 

A situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana, cando podería producirse unha cicloxénese explosiva no oeste da península

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade