Representación dos ventos de Sebastien na mañá do martes, antes de que impacte en Galicia. Fonte: windy.com.
Representación dos ventos de Sebastien na mañá do martes, antes de que impacte en Galicia. Fonte: windy.com.

Os restos do ciclón Sebastien traen un novo temporal a Galicia

Activo un aviso laranxa por refachos de máis de 100 quilómetros por hora e ondas de ata sete metros a partir da mañá do martes

A última semana dun novembro pasado por auga en Galicia comeza coa previsión dun novo temporal que golpeará o noroeste da península na xornada do martes. Despois do paso de Cecilia, agora son os restos do ciclón tropical Sebastien, que vén de pasar sobre o arquipélago dos Azores, os que obrigan a activar un aviso laranxa por vento, con refachos que poderán superar os 100 quilómetros por hora en boa parte de Galicia.

Sebastien, xa convertido en borrasca, segundo informan desde MeteoGalicia, deixarase notar a partir da mañá do martes. Este luns xa hai un aviso de nivel amarelo entre Bares e Barbanza por vento no mar de sudoeste, con forza 7, e ondas de entre 4 e 5 metros. Para mañá a partir do mediodía quedará o máis intenso do temporal. O aviso será laranxa no mar por ondas de ata sete metros e ventos de forza 8. 

En terra, os restos de Sebastien obrigarán a elevar o aviso a laranxa en toda a provincia de Lugo, o interior da Coruña e Pontevedra e o sur e o leste de Ourense, por refachos de máis de 100 km/h. No resto do territorio o aviso será amarelo.


O impacto da borrasca diminuirá na tarde-noite do martes, e o mércores agárdase unha xornada de transición. Porén, adiantan desde MeteoGalicia que a situación de inestabilidade manterase ata o domingo 1 de decembro. É posible que o xoves sexa unha nova xornada pasada por auga, incrementando así o nivel de precipitacións deste mes, no que moitas estacións meteorolóxicas non rexistraron nin un só día sen chuvia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.