Estes son os lugares de Galicia onde se sentiu o recente terremoto de Portugal

O Instituto Xeográfico Nacional confirma os efectos do fenómeno das costas Atlánticas nas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña, aínda que sen danos persoais nin materiais

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) informaba esta madrugada sobre o sucedido nas costas do sur de Portugal. Un sismo de magnitude 5,5 na escala de Richter impactou ás 5:11 hora local (6:11 hora española), facéndose sentir en toda a península ibérica occidental, dende Andalucía ata Asturias, pasando por Galicia.

O seu epicentro, localizado no Atlántico, situouse preto da capital de Portugal, Lisboa. O terremoto caracterizouse por unha profundidade de 19 quilómetros, segundo informa o organismo a través da súa páxina web. A pesar da magnitude, non se produciron danos materiais nin persoais.

Publicidade

Isto fai volver á vista atrás. O xeólogo Antonio Aretxabala lembraba a través do seu perfil de X o que ocorreu na mesma cidade portuguesa o 1 de novembro de 1755. Tratouse da catástrofe máis enérxica vivida na península, que acadou a Intensidade X na escala de Mercalli, un potencial de destrución moi elevado.

Os efectos do sismo

Galicia atopouse entre as numerosas localizacións que percibiron este movemento sísmico. Aínda que os efectos se notaron nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, esta última foi a máis “afectada”, como amosa a listaxe facilitada polo IGN. Foron 35 concellos pontevedreses os que puideron percibilo, oscilando entre os grados II e III. Aínda que a maioría corresponden ao primeiro mencionado, algunas zonas chegaron a percibir o terremoto de forma máis notoria.

Publicidade

No grado III, segundo o IGN, o terremoto síntese dentro de edificios, onde as persoas en repouso perciben un lixeiro temblor e os obxectos colgados móvense levemente, sen producir danos. As zonas concretas onde se viviu o suceso deste xeito foron na Areosa (Gondomar), Arcade (Soutomaior), na Avenida de Ordóñez (Tomiño), Lavadores (Vigo), Ponteareas (San Miguel) e Setados (As Neves). Na Coruña, en Ribeira (Santa Uxía).

Así, na provincia do noroeste galego faise evidente tamén a repercusión. Os vestixios chegaron tamén a Santiago de Compostela, Ames, Boiro, Muros ou Noia. Incluso acadaron puntos máis ao norte, como a cidade da Coruña, Cambre, Ferrol, Oleiros ou Narón. Segundo o organismo nacional, tamén se sentiu na cidade de Lugo, cun grado II. Usuarios como Francisco Morán, habitante de Boiro, confirmaron a notoriedade do sismo nos seus fogares.

A raíz da noticia, o Euro-Mediterranean Seismological Centre (EMSC) compartía un mapa interactivo da península onde os visitantes poden visualizar os datos sobre a intensidade e os danos causados polo terremoto portugués en diferentes localizacións, incluída Galicia.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea