Karlotta azouta Galicia con refachos de máis de 200 km/h

A borrasca mantén á comunidade en alerta laranxa por vento e chuvia este xoves e provoca varias incidencias

Información actualizada ás 12:10 h.

Galicia está dende esta madrugada baixo os efectos de Karlotta, unha profunda borrasca que afectará á comunidade este xoves e venres con algunhas incidencias xa rexistradas, como árbores caídos e mobiliario urbano desprazado polo vento. Algúns voos procedentes de Madrid non puideron aterrar está mañá no aeroporto de Alvedro polas condicións meteorolóxicas e tiveron que regresar, así como outro en Santiago de Compostela que viaxaba dende Bilbao. Na Mariña Lucense alcanzáronse ventos de máis de 202 km/h, é a primeira vez que se supera este valor; e no Xistral, en Muras, rexistráronse máis de 152 km/h. O centro de baixas presións, situado ao noroeste da comunidade e que mantén a alerta laranxa activa, deixou tamén refachos de máis de 140 km/h na estación meteorolóxica de Gándara, en Vimianzo.

Publicidade

O vento seguirá soprando con forza nas vindeiras horas por riba dos 80 e dos 100 km/h segundo informa MeteoGalicia, con precipitacións de oeste e leste e temporal marítimo. As acumulacións de auga serán maiores na metade oeste, e, co avance da xornada, as chuvias remitirán. O vento tamén perderá intensidade co paso das horas. Con todo, os ceos seguirán cubertos durante toda a fin de semana, con probabilidades de chuvia en toda a comunidade e de neve nas zonas máis altas. O vento que sopra forte de compoñente sur provocou un aumento das temperaturas mínimas, pero as máximas descenderon, de maneira que apenas se rexistra oscilación térmica na xornada deste xoves.

Por exemplo, Ourense amence con 14 graos e non superará os 16. O venres Karlotta deixará chuvascos “localmente treboentos e acompañados de sarabia”, informa MeteoGalicia, coa cota de neve arredor dos 1.400 metros durante a tarde, baixando a 1.000 ao final do día. As temperaturas descenderán e o cambio de patrón nos ventos para o noroeste aumentará a sensación térmica de frío.

Publicidade

De cara o sábado seguirá activa a inestabilidade atmosférica e será unha xornada de intervalos nubrados e con chuvascos, cunha baixada de temperaturas e por ende da cota de neve. Lugo rexistrará 4 graos e Ourense e Santiago de Compostela 5. Segundo apunta MeteoGalicia e tralo paso de Karlotta, Galicia continúa nunha zona de chuvascos, con descenso de temperaturas e precipitacións en forma de neve. De cara o luns, soben as temperaturas, pero a probabilidade de chuvia será alta.

Mapa de refachos máximos. Foto: MeteoGalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX