Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

Chega a fin de semana e o prognóstico meteorolóxico sinala un ambiente inestable marcado por breves franxas de choiva, risco extremo de incendio e o lixeiro descenso das temperaturas. Como informa MeteoGalicia, durante a xornada do venres a comunidade verase afectada pola influencia dun anticiclón, con ventos do nordés que levarán ao norte galego ceos cubertos. As montañas de Galicia estarán cubertas por nubes de evolución e o termómetro percibirá un descenso tanto nas mínimas como nas máximas.

Así e todo, o sur do territorio galego manterá niveis térmicos moi elevados; haberá unha diferenza de ata 15 graos por enriba das zonas setentrionais da comunidade. Durante o venres, a provincia de Ourense manterá as máximas por enriba dos 30 graos, coa zona de Oímbra, no límite ourensán con Portugal, chegando a marcar 38 graos. Tamén na provincia de Pontevedra rondarán a trintena nos momentos de máis calor do día. A Coruña e Lugo terán un día moito menos abafante, coas súas costas en torno aos 23 graos no seu punto máximo.

Publicidade

A fin de semana, con choivas e inestabilidade

A fin de semana comezará con ceos cubertos e choivas que se manterán durante a mañá do sábado. A inestabilidade que se intuíra o venres crecerá durante a xornada debido á entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera, o que permitirá a formación de nubes de tormenta e treboadas nas rexións altas de Lugo e Ourense.

A nivel térmico, as máximas do sábado continuarán o seu descenso de xeito moderado en todo o territorio galego. Así e todo, varios municipios ourensáns marcarán 37 graos no seu punto de máis calor. As temperaturas de Pontevedra estarán de novo sobre os 30 graos, mentres que na Coruña e Lugo haberá zonas nas que o termómetro non superará os 20 graos.

Publicidade

O domingo, a comunidade galega estará baixo a influencia de altas presións, con ventos do nordés e aire frío en altura. As nubes cubrirán o norte de Galicia e poderán deixar algún chuvasco localmente treboento durante a tarde nas provincias de Ourense e Lugo. A metade setentrional percibirá un lixeiro ascenso nas máximas, mentres que o sur experimentará un respiro dos valores elevados, que, aínda que se manterán por enriba dos 30 graos, xa non acadarán os niveis das xornadas anteriores.

Risco alto por incendio

Como confirma a Aemet, a xornada do venres hai risco extremo por incendio no centro e o leste de Lugo e Ourense. Este perigo aumentará o sábado, cando só o norte da Coruña e o nordeste de Lugo queden fóra da alerta de nivel extremo que haberá en Galicia. O domingo, estes valores desprazaranse ao interior da comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente