Identificadas as catro candorcas que entraron na ría de Arousa

Os exemplares corresponden á avoa Toñi, matriarca do grupo, o macho Pingu, e as femias Gnomo e Gladis Estrela

Que as candorcas entren na ría de Arousa non é novo: o ano pasado, un grupo de Orcinus orca achegouse á zona, sorprendendo aos veciños e aos visitantes, mais non á comunidade científica. Aínda que a meirande das veces estes cetáceos divísanse en augas exteriores, existe documentación histórica do século XIX onde xa se rexistraba a entradas das candorcas no interior das rías galegas. Aínda así, a chegada destes animais soe traer a inquedanza da poboación. No caso de onte, catro candorcas apareceron na ría de Arousa na tarde: segundo informan o Grupo de Traballo Orca Ibérica-GTOA e a CEMMA, estes exemplares correspóndense coa avoa Toñi, a matriarca do grupo, o macho Pingu, e as femias Gnomo e Gladis Estrela.

Durante un programa de observación de aves mariñas, Kari Korhonen tomou a bordo do barco Chasula as imaxes que axudaron a identificalos. Segundo informan dende GTOA e CEMMA, só Gladis podería ter algunha interacción coas embarcacións do arredor, mais “en compañía dos outros tres exemplares seguramente non actúe”. En canto aos reportes de interaccións xa notificados na ría, a Coordinadora e o Grupo de Traballo subliñan que o máis seguro é que foran provocadas “por outros exemplares dispersos pertencentes ao grupo, que aínda non foron identificados”.

Publicidade

Segundo explicaba o ano pasado a GCiencia o investigador do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) Bruno Díaz, “a entrada da ría de Arousa é moi profunda e as especies peláxicas, como o golfiño común (Delphinus delphis), entran todos os anos polo canal. Fano ocasionalmente ao final do verán, que é cando entra máis peixe”. As candorcas poderían ter un comportamento semellante. Aínda así, a presenza das candorcas nas rías ou nas zonas costeiras máis pobladas polo ser humano adoita ser breve.

Unha menor interacción este ano

Este 2024, as candorcas chegaron á costa galega na segunda quincena de agosto. Primero, na ría de Arousa, e despois, na de Vigo, na baía de Baiona e nas Illas Cíes. A costa do atlántico é parte do seu percorrido natural, que ten como punto de inicio o estreito de Xibraltar e como lugar de destino o golfo de Biscaia. Aínda así, segundo GTOA e a CEMMA, este ano as candorcas estarían limitando as interaccións coas embarcacións e mudando o seu comportamento.

Publicidade

Segundo as observacións da Coordinadora e do Grupo de Traballo Orca-Atlántica, este ano as embarcacións modificaron as súas zonas de paso, achegándose máis cara a costa e o literal e evitando as augas máis profundas, onde adoita atoparse o animal. Isto, sumado a que as candorcas estiveron este ano máis dispersas e cun maior movemento xeográfico, motivou a redución na frecuencias das interaccións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos