Que calidade do aire ten o teu concello? Compróbao en tempo real nesta aplicación

O Ministerio de Transición Ecolóxica lanza unha ferramenta que permite consultar os datos comunicados cada hora pola rede nacional de vixilancia

Talvez te preguntes con certa recorrencia se a calidade do aire que respiras é boa. A resposta a esta pregunta intermitente é ben doada grazas á nova ferramenta que acaba de lanzar o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco). A súa nova aplicación permite consultar en tempo real o índice de calidade do aire segundo as medicións recollidas polas diferentes estacións da rede nacional de vixilancia. Tamén se poden consultar datos sobre Galicia, con arredor de 50 puntos de control repartidos por todo o territorio. Segundo os datos consultados esta mañá, a calidade do aire en todas as estacións galegas era “boa” ou razoablemente boa”. O mala do Miteco conta coa colaboración do Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública.

Datos por estacións

Máis en detalle, a estación de Laza, en Ourense, marcaba esta mañá unha “boa” calidade do aire. Unha vez que se clica nela, aparece un despregable con información detallada sobre as medicións. O primeiro deles é un gráfico onde se indica o nivel de contaminantes por hora. En función das concentracións de cada un, o ministerio emite unha serie de recomendacións á poboación que, neste caso, non son necesarias. A continuación, indica a concentración segundo o tipo de contaminante, tendo en conta cinco: o ozono troposférico (O3), as partículas PM2,5 e PM10, o dióxido de xofre (SO2) e o dióxido de nitróxeno (NO2). Un último gráfico indica a calidade do aire da estación nos últimos 368 días. En Laza, o 78% foi razoablemente boa, o 20% boa e o 2% regular.

Publicidade

No caso da estación de Campelo, en Pontevedra, a calidade do aire era “razoablemente boa” esta mañá. Segundo a aplicación, isto debíase a uns maiores niveis de ozono trosposférico, relativamente elevados dende as primeiras horas da madrugada. Malia que o ministerio non emite ningún tipo de recomendación específica á poboación, explica que os niveis elevados de O3 son “un problema xeneralizado” tanto en España como no sur de Europa debido á elevada insolación. Iso si, os niveis adoitan ser inferiores no norte que no sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo valida no Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía pioneira para medir a calidade do aire en tempo real

A solución, aplicada nunha sala de espera do hospital vigués, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados

Fisterra, Arousa e a Costa da Morte: un mapa sinala os puntos quentes das interaccións con candorcas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico indica que se produciu un aumento dos encontros en Galicia en contraste co sur de España

Un equipo da UVigo desenvolve un sistema que predí a calidade do aire interior en tempo real

A solución combina dispositivos autónomos de baixo custo cun modelo avanzado de intelixencia artificial

MeteoGalicia alerta aos galegos do impacto da vaga de incendios na calidade do aire

A zona de Laza (Ourense) é actualmente a área con peor calidade do aire en Galicia, situada a 50 quilómetros de Chandrexa de Queixa, con altos niveis de partículas finas que poden afectar gravemente á saúde