Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

A tan só uns días de que dea comezo a primavera, as predicións xa apuntan a que será “máis cálida do normal” en Galicia. Así o expuxo este mércores o delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) na comunidade, Francisco Infante, quen tamen deu conta do informe meteorolóxico deste inverno. “Foi húmido e extremadamente cálido”, indicou o experto, dado que Galicia estivo 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano. Infante tamén recalcou as altas temperaturas deste inverno, que o converteron no cuarto más cálido en Galicia dende 1961.

En relación á subida dos termómetros, o delegado da AEMET en Galicia asegurou que “hai xa 27 meses que non se rexistra un mes máis frío do normal”. “Todos foron máis cálidos e algúns normais, pero non máis fríos”, informou Infante, para poñer o énfase que o último máis frío foi novembro de 2021. En canto ás choivas, o experto sinalou que houbo “un 14% máis” de precipitacións do que se agardaba. En termos numéricos, choveu durante 45 días de media, e non 40, que son os habituais.

Publicidade

Na análise por meses, Infante destacou de decembro as néboas persistentes no sur de Ourense e as choivas rexistradas en municipios como Rois, na provincia da Coruña. De xaneiro dixo que foi “extremadamente cálido”, igual que un febreiro “cálido” sendo un mes “moi chuvioso, un 67% máis”. De marzo resaltou o que estea a ser “máis frío do normal”, aínda que apuntou que isto se vai “corrixir rapidamente”.

Xa do balance hídrico, sentenciou que a situación, desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro deste ano, foi dun “superávit de precipitacións” e apuntou que “en principio” non haberá problemas coa auga, aínda que precisou que isto non compete á AEMET.

Publicidade

Para Semana Santa, apuntou que “de momento non hai unha predición” que poida ser concluínte por un “comportamento inestable que complica os prognósticos”, aínda que avanzou que “probablemente a semana que vén sexa máis cálida do normal e normal en canto a precipitacións”. “Climatoloxicamente falando, chove entre cinco e seis días á semana de media, o que non quere dicir que chova todo o día”, dixo aludindo, ademais, a que as temperaturas adoitan estar entre os 15 e 18 graos nas datas de Semana Santa. Para abril, maio e xuño, expuxo que hai unha “alta probabilidade de que sexa máis cálido do normal en Galicia” cun comportamento na mesma liña en canto a precipitacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía