Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

O inverno climatolóxico 2023-2024 (decembro, xaneiro e febreiro) en Galicia foi o cuarto máis cálido da serie histórica —que se remonta a 1961— ao rexistrarse unha temperatura media de 10 graos centígrados. Así o destacou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a MeteoGalicia con motivo da presentación do balance climatolóxico desta estación. 

A responsable autonómica detallou que xaneiro e febreiro foron especialmente calorosos, o que situou a temperatura deste inverno 1,5 graos por enriba da media histórica, ao tempo que o mes de xaneiro se converteu no máis cálido dos últimos 58 anos, case seis décadas.  

Publicidade

A vicepresidenta segunda en funcións tamén destacou que o volume de choivas rexistrado —522 litros por metro cadrado— é un 18% superior ao que vén sendo habitual neste período, especialmente polas abondosas precipitacións do mes de febreiro. Neste caso, mentres as choivas de decembro e xaneiro estiveron dentro da normalidade, o mes pasado caracterizouse por precipitacións moi superiores ao agardado cunha media de 196 litros por metro cadrado, un 64% por enriba do valor climatolóxico desta estación.

Ángeles Vázquez salientou que este balance é froito dos datos que diariamente recollen as estacións —11 de temperatura e 16 de precipitacións— que hai repartidas pola xeografía galega e que contribúen a facer un seguimento e análise continua dos fenómenos meteorolóxicos e climáticos. Por iso, puxo en valor a importancia de mantelas en bo estado e optimizar as súas prestacións de xeito constante.

Publicidade

Calidade do aire

Nesta liña, a responsable autonómica incidiu en que outro dos aspectos que avalía MeteoGalicia é a calidade do aire, para o que a comunidade conta con 47 estacións de control —tanto públicas como privadas— distribuídas polo territorio galego que acreditan a boa calidade do aire da comunidade. Esta rede de recollida de datos, indicou, está tamén en constante renovación, ampliación e mellora para manterse como unha das máis importantes de toda España. 

A vicepresidenta segunda en funcións explicou que neste obxectivo se enmarca a recente incorporación á rede pública galega dunha estación de calidade do aire cedida pola empresa Endesa no concello de Ferrol. Este punto de recollida de datos seguirá así avaliando a calidade do aire na cidade ferrolá e na súa área metropolitana —pero baixo xestión da Xunta— contribuíndo a enriquecer as series temporais longas de valores da calidade do aire xa existentes e a identificar patróns e tendencias. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"