EN DIRECTO | Ciencia en feminino. As vocacións científicas

A bióloga Alicia L. Bruzos, a enxeñeira espacial Uxía García Luis e a paleontóloga Blanca Moncunill Solé falan da súa experiencia como mulleres de ciencia

Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, arrinca a súa nova edición. Composto por catro actividades que se desenvolverán ao londo da segunda quincena de marzo e a primeira de abril, a sesión inaugural versa sobre as vocacións científicas e como se manteñen ao longo do tempo pese aos obstáculos que as mulleres seguen a ter na ciencia.

Para iso contamos coa participación de tres científicas galegas ou que desenvolven a súa carreira en centros de investigación de Galicia. Por un lado temos á bióloga Alicia L. Bruzos, experta en cancros contaxiosos mariños, que actualmente está na Universidade de Normandía. Tamén contamos coa primeira doutora en Enxeñaría Aeroespacial da Universidade de Vigo, Uxía García Luis, que investiga no Centro de Investigación de Tecnoloxías de Telecomunición (atlanTTic) da mesma universidade. Para finalizar, participa a paleobióloga Blanca Moncunill Solé da Universidade da Coruña. Nesta mesa redonda tamén contamos, ao inicio, coa participación da deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos Míguez.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano