Galicia rexistra unha primavera moi cálida e seca

A temperatura media situouse nos 14,2 graos, case dous máis que o normal para este período do ano, e choveu un 24% menos

Segundo o avance do informe estacional de MeteoGalicia, a temperatura media desta primavera situouse nos 14,2 graos, case dous máis que o normal para este período do ano. Galicia rexistrou unha primavera moi seca cun 24% menos de chuvias das esperadas. O mes de marzo foi lixeiramente húmido -117 litros por metro cadrado de media- e abril foi seco -68 litros por metro cadrado-. No caso de maio, as precipitacións estiveron asociadas aos fenómenos tormentosos, polo que aínda que houbo zonas con máis chuvia da habitual, choveu un 37% menos do normal neste mes, polo que foi moi seco.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, fixo fincapé en que nos últimos tres meses rexistráronse en Galicia preto de 13.700 raios, dos que o 99% (13.583) corresponden aos últimos 6 días de maio. Este fenómeno repetiuse nos primeiros cinco días de xuño, cando se rexistraron un total de 8.556 raios.

Publicidade

Nesa liña, a conselleira puxo en valor o radar meteorolóxico de Cuntis como unha das “principais ferramentas” coas que conta a Xunta para a realización das predicións de MeteoGalicia. A súa situación a preto de 50 metros de altura permite unha excelente visión das frontes que chegan á Comunidade desde o Atlántico e o Cantábrico así como una monitorización precisa da evolución dos fenómenos meteorolóxicos.

Así, este radar, que está en funcionamento desde 2010, permite realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da meteoroloxía. De feito, grazas aos datos recollidos nesta instalación os técnicos de MeteoGalicia poden, por exemplo, calcular o tipo de precipitación e intensidade ou cuantificar a neve e sarabia acumuladas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual