A USC e a UDC participan nunha terapia contra o cancro de mama que se administra en minutos

Este tratamento é un 90% máis rápido que o estándar, o que representa unha mellora na calidade de vida das mulleres

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) son dous dos once hospitais de España que participan no primeiro tratamento que se administra en minutos para o cancro de mama HER2 positivo, que afecta principalmente a un 20% das pacientes. Subminístrase mediante inxección subcutánea, a vía preferida para doentes e sanitarios. O novo fármaco mantén a mesma eficacia que outros medicamentos, o que pode significar tamén unha redución dos custos sanitarios.

Nun comunicado, a farmacéutica Roche explica que Phesgo -o nome comercial do fármaco- é a primeira formulación en oncoloxía que combina os dous anticorpos monoclonais, pertuzumab e trastuzumab, nun mesmo vial para a inxección subcutánea. Ata o momento, o tratamento que se administraba era por vía intravenosa e requería horas. En total, foron once os hospitais clínicos que participaron nos estudos clínicos que avalan a aprobación do medicamento. O Ministerio de Sanidade deu luz verde á financiación desde novo fármaco o pasado 31 de maio.

Publicidade

A inxección inxéctase na coxa durante aproximadamente oito e cinco minutos para o primeiro sumistro e dose de mantemento, respectivamente. A administración é ata un 90% máis rápida fronte á estandar intravenosa, que precisa de horas, o que representa unha mellora moi impotante para a calidade de vida das mulleres que padecen a enfermidade, segundo explicaron os expertos na presentación.

Unha técnica menos invasiva

O doutor José Ángel García Sáenz, oncólogo médico do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, destaca que “grazas a esta nova formulación, os pacientes pasan moito menos tempo no hospital de día. Non precisan estar mañás ou mesmo xornadas enteiras para recibir a súa medicación, algo moi importante tendo en conta que deben acudir ao hospital cada tres semanas para recibir a súa medicación. A isto engádese que esta administración é menos invasiva e adoita asociarse a menos riscos fronte á vía intravenosa. Por explicalo dunha maneira moi sinxela, é unha maneira de reverter unha situación de enfermidade, facendo sentir a estas mulleres menos enfermas”.

Publicidade

Na mesma liña, a doutora Eva Ciruelos, oncóloga médica da Unidade Cancro de Mama do Hospital 12 de Madrid, fai fincapé en que “hai que ter en conta que o cancro vai ser algo moi común na nosa sociedade e, concretamente o cancro de mama, que é un tumor con máis de 35.000 novos casos ao ano no noso país. Polo que estes tratamentos tan prolongados é preciso que sexan compatibles co día a día dos pacientes, para que poidan ir traballar, coidar dos seus fillos ou facer as tarefas cotiás.” Engade, ao respecto da participación da USC e UDC, que “A oncoloxía española sempre está á cabeza en investigación clínica e, grazas á participación que tivemos nos ensaios con esta vía de administración, temos experiencia con este tratamento subcutáneo, a pesar de que en España chegase tan tarde o seu financiamento”, engade a doutora Ciruelos.

O comunicado da farmacéutica Roche apunta que a aprobación do tratamento baseouse nos resultados do estudo fase III Federica, que demostrou que o tratamento con Phesgo producía niveis non inferiores de pertuzumab e trastuzumab en sangue, en comparación coa administración intravenosa dos dous medicamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos