O enxeñeiro Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica de Galicia

O investigador sucede no cargo a Elena Cartea, agora vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC

O CSIC acaba de nomear o enxeñeiro de montes Rafael Zas Arregui novo director da Misión Biolóxica de Galicia (MBG). O investigador leva provisionalmente no cargo dende xullo de 2022, despois de que Elena Cartea González fose designada vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC. Zas Arregui, que é natural de Santiago, desenvolve o seu labor investigador na MBG dende 2008, dende onde dirixe o grupo Xenética e Ecoloxía Forestal. Neste novo cargo directivo acompañarano Pablo Velasco como vicedirector na sede de Pontevedra e Serafín González Prieto na de Santiago.

Zas Arregui (Santiago, 1971) é enxeñeiro (1996) e doutor enxeñeiro de montes (2001) pola Universidade Politécnica de Madrid. Realizou a súa tese doutoral entre esta universidade e o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, onde iniciou a súa estaba posdoutoral, que continuou no SCION, en Nova Zelandia. En 2008 incorporouse ao CSIC como científico titular na MBG, onde dende esa data dirixe o grupo de Xenética e Ecoloxía Forestal, cuxa principal liña de investigación é a mellora do coñecemento das bases xenéticas e ecolóxicas da resistencia das árbores forestais fronte aos seus inimigos biolóxicos. En 2017 promocionou a investigador científico.

Publicidade

Ademais, foi investigador principal de 15 proxectos de investigación de convocatorias competitivas e outros tantos contratos con entidades públicas e privadas. É coautor de 100 artigos en revistas científicas e dirixiu cinco teses doutorais. Participa á súa vez en proxectos de divulgación e actividades de xestión científica.

“Un centro de vangarda”

“O principal reto do proxecto directivo é, tal e como se recolle no plan estratétixo da MBG, posicionar este instituto do CSIC como un centro de vangarda, líder e de referencia na investigación de ámbito agrario, forestal e ambiental tanto a nivel autonómico como nacional e internacional. Pretendemos converter a MBG nun centro visible, atractivo e ilusionante para o persoal investigador mozo nacional e estranxeiro. Aínda que son, sen dúbida, retos ambiciosos e de alto calado, os recentes cambios no instituto coa integración das dúas sedes (Santiago e Pontevedra) e a incorporación dunha boa e variada cantidade de investigadores, sitúan o centro nunha posición privilexiada para acadalos”, avanza Zas Arregui.

Publicidade

“Na miña opinión, a MBG atópase nestes momentos nun punto de inflexión pasando de ser un centro pequeno, periférico e moi focalizado nunhas poucas liñas de investigación, a ser un centro de considerable tamaño, peso e prestixio nunha ampla e variada colección de liñas de traballo nas áreas de ciencias agrarias, ambientais e forestais”, engade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cantas persoas morren realmente por calor?

En verán publícanse distintas cifras sobre os falecementos asociados ás altas temperaturas, pero non todas as ferramentas miden o mesmo e, en moitos casos, son estimacións

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies