Galicia rexistrou o quinto agosto máis cálido dende que hai rexistros

O último informe de Meteogalicia revela que a temperatura media do verán climatolóxico foi de 20 graos

O verán climatolóxico de 2024 en Galicia —correspondente aos meses de xuño, xullo e agosto— caracterizouse por ser moi cálido e normal en canto ás precipitacións. Así o revela o avance do informe de Meteogalicia que presentou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. En concreto, a temperatura media dos últimos tres meses situose nos 20 graos, cunha anomalía nove décimas superior ao habitual. Así consta nos datos rexistrados en 11 das estacións máis representativas.

Máis polo miúdo, o mes de xuño foi normal ao rexistrar 17,9 graos de media —2 décimas máis do habitual—. Pola contra, xullo e agosto foron moi cálidos, con medias de 20,6 e 21,6 graos, respectivamente. No primeiro caso a anomalía media foi un grao superior ao normal, e no outro, de 1,6 graos máis do habitual. Nese senso, a conselleira indicou que foi o quinto agosto máis cálido desde que hai rexistros.

Publicidade

Xuño, o máis húmido

No que atinxe ás chuvias, a conselleira dixo que a precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas foi de 103 l/m2, o que supón un 16% inferior ao que vén sendo habitual neste período, polo que se considera un verán normal.

Logo de subliñar que para atopar un verán máis seco teríamos que remontarnos a 2017, Ángeles Vázquez detallou que xuño foi un mes relativamente húmido —un 14% máis de precipitacións do agardado— mentres que xullo foi normal —1% inferior ao habitual—. En canto a agosto, rexistrou unha anomalía media un 71% inferior ao valor climatolóxico habitual, polo que se considera un mes moi seco.

Publicidade

Para concluír, a conselleira puxo en valor o traballo que desenvolve MeteoGalicia. De feito, incidiu en que preto de 600.000 persoas consultaron nalgún momento ao longo do verán a súa páxina web, chegando nalgunhas xornadas ás 30.000 visitas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o segundo mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros

O último informe de Meteogalicia conclúe que foi un período seco e marcado por dous importantes episodios de calor

Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur

A Xunta amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor extrema

O litoral galego manterase nos 30ºC, o interior da comunidade superará os 34ºC e o val do Miño e do Sil acadarán os 40ºC

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo