Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitación do habitual para o período

Galicia rexistrou a primavera climatolóxica —o período que comprende os meses de marzo, abril e maio— máis seca dende o ano 1990, segundo o último informe elaborado por Meteogalicia. A precipitación media para as 16 estacións que compoñen a serie rexional foi de 160 litros por metro cadrado, que é un 46% inferior ao esperado para esta época, polo que pode considerarse un período “moi seco”. É, ademais, a cuarta primavera máis seca dende que hai rexistros.

As maiores cantidades de chuvia recolléronse na franxa atlántica, ao longo das Serras Litorais e nas zonas montañosas do leste con valores entre 225 e 260 litros por metro cadrado, mentres que os rexistros máis baixos localizáronse en Valdeorras, o interior de Lugo e no Golfo Ártabro, con entre 115 e 130 litros por metro cadrado.

Publicidade

Por meses, nos casos de marzo e abril, as precipitacións acumuladas quedaron por debaixo do agardado polo que ambos foron meses moi secos. Pola súa banda, maio foi un mes normal xa que se compensaron as zonas con exceso de precipitacións en forma de chuvascos e treboadas —metade leste— con aquelas con déficit, a onde as frontes que chegaron non foron tan activas como noutros meses de maio.

Meses “moi cálidos”

En canto ás temperaturas, a primavera de 2026 considérase moi cálida cun valor medio de 13,7 graos, o que representa unha anomalía de 1,4 graos con respecto ao habitual neste período. Nos tres meses deste período rexistráronse temperaturas por riba do agardado. De feito, todos foron “moi cálidos”. En marzo foron altos tanto os valores máximos como os mínimos debido á situación anticiclónica da segunda metade do mes. Tamén en abril se rexistraron valores máximos superiores ao habitual pola frecuente aparición de situacións anticiclónicas que arrastraban aire cálido procedente do norte de África. 

Publicidade

No caso de maio, foi un mes fragmentado en dúas partes. Ata o día 19 os valores foron baixos, pero a partir do 20 a chegada dunha masa de aire moi cálido continental propiciou un ascenso térmico capaz tanto de equilibrar as baixas temperaturas das primeiras semanas como de arrastrar a media do mes cara a valores elevados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla