Galicia, en aviso laranxa polo forte temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias alerta aos concellos polos fortes ventos, choivas e fenómenos costeiros

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este martes, día 26 de novembro, o aviso laranxa por temporal costeiro que afectará á costa da Coruña e Lugo, e por vento en terra nestas dúas provincias e tamén na de Pontevedra.

Diso informou nun comunicado, no que lembra que a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( emet) informa que desde as 14,00 horas do martes espéranse ventos do suroeste que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectarán o interior da Coruña, Pontevedra e Lugo, e tamén na Mariña e nas zonas de montaña da provincia lucense.

Publicidade

Aviso laranxa da AEMET dende o mediodía deste martes 26 de novembro.

A Xunta lembrou que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e que os restos de árbores e ramas que caian á vía poden condicionar a circulación. Ademais, subliñou a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectivos que caídos desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar por preto de edificios en ruínas, en construción, árbores ou paneis publicitarios.

A Aemet tamén avisa dun episodio meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no noroeste, o oeste e suroeste da costa da Coruña e Lugo, que empezará sobre as 15,00 horas.

Publicidade

Os restos do ciclón Sebastien traen un novo temporal a Galicia

Espérase mar combinada do sur, con ondas de 5 a 6 metros segundo a zona e ventos do sur ou do suroeste que poden alcanzar a forza 8. No litoral de Pontevedra o nivel de aviso será amarelo con mar combinada do sur e ondas de 4 a 5 metros. Por este motivo, e co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección xeral de Emerxencias e Interior, a través do CIAE 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía